27/5/09

disque, Galicia Hoxe 28/5/09

Disque a Igrexa reclama o control da franquía do Xacobeo. Non lle gusta que se use a Quintana para manifestacións ou concertos, ou que a xente se afane máis en pasalo ben que en rezar. Para ser tan sabia, a curia aprende mal. Xa dixo Xesús que a alegría é oración. O crecemento da convocatoria xacobea ten máis que ver coa súa expansión cara a novos espazos que co carácter relixioso. Como exemplo escatolóxico, mentan a indignación peregrina por ver retretes móbiles ao pé da Catedral. E logo, como naceu o Botafumeiro? Non era para purificar o viciado aire da Catedral e tapar o cheiro padecido polos sufridos camiñantes?

1 comentario:

  1. Anónimo27.5.09

    A min tampouco me gusta que usen a catedral para o que a usan e teño que aguantarme.

    ResponderEliminar