un amigo do blog manda un correo onde da conta do malestar que ten producido noutros amigos que a actualización diaria dos misterios galegos se traduza na eliminación da entrada vella e a conseguinte perda dos comentarios que poda haber. Algúns mesmo chegan a falar de censura. Mellor ou peor, o único obxectivo de facelo así era axilizar o blog e non repetir contados nas entradas e nas columnas. Se alguén o entendeu como un falla da respecto os comentarios que tendes a amabilidade de deixar, vaian por diante ás miñas desculpas. Para evitar que eso poda repetirse, dende hoxe, seguiranse actualizando os misterios, pero sen eliminar as entradas. Unha vez máis perdón á todos e, como escusa, que nesto do bloguería un aínda está aprendendo.
Espero que co seu permiso, vou reproducir un dos comentarios eliminados tal e como aparece no blog do seu autor, XOssé DOrrío, un dos amigos que, con razón, se molestou pola eliminación da entrada. Espero que el e os outros catro autores do cinco comentarios eliminados acepten as miñas desculpas.
Abr 01 2009
Os misterios de Antón Losada
MISTERIO NÚMERO 4
agora que Quintana vai ocupar posto na mesa do Parlamento, acabará dunha vez o acoso e derrube de la Voz de Galicia ou seguirán co manual de periodismo independente ate acabar con il, sen tregua coma no despiadado xogo do golf que tantas paixóns desata?
o comentario de XOssé:
Analistos coma vostede, Sr. Losada, foron os que alimentaron o ego do Sr. Quintana, foron vostedes os que fixeron que os dirixentes do BNG non mirasen máis aló do seu embigo porque, seica, para mirar, xa estaban vostedes. Foi así como se lles ocorreu facer unha campaña centrada na imaxe dunha sóa persoa, esquecendo o colectivo e a pluralidade do BNG. Foron vostedes os que lle puxeron un branco fácil a La Voz de Galicia (e outros) pois, non é a primeira vez que atacan ó lider do BNG. Xa o fixeran antes con Beiras e con acusacións moito máis graves… non sei si se lembrarán? Daquela o BNG era un partido unido, plural pero unido, non dividido como agora pola cobiza duns poucos, por iso aqueles ataques só conseguían o efecto contrario: aumentar o número de votantes nacionalistas.
E remato cunha obsevación que fixo un compañeiro do BNG: o rumbo deste partido non pode estar dirixido polos que, coma vostede, comen da maseira, senón polos que, coma nós, botamos (e votamos) o penso nela.