29/5/09

unha colaboración de Millán Fernández

Feijóo na encrucillada Cando as augas volven ó seu cauce no seo das forzas da oposición parlamentaria, e aínda que a necesaria viaxe catártica para reconstruír unha alternativa crible non se producise, parece emerxer novamente, entre elas, certo consenso básico nalgunhas cuestións. As mensaxes que saen de boca dos portavoces do PSdeG e do BNG ó respecto do asunto lingüístico teñen un común denominador: denunciar a abxecta campaña de boicot ó idioma galego que se ven defendendo recentemente dende sectores minoritarios, capitaneada por un Feijóo preso das promesas electorais e da connivencia coa deplorable e irracional plataforma Galicia Bilingüe. Intúese que a oposición “dos Vázquez” vai ser dura e de desgaste toda a lexislatura, moi belixerante cando se trate de defender o ameazado, e consensuado no seu día, modelo recollido no Plano de Normalización Lingüistica. Ámbalas formacións encontraron cedo un punto de unión que as obligará a ser inflexibles coas absurdas tentacións involucionistas, segregadoras e diglósicas que o Presidente puidera ter. O común dos mortais teremos a oportunidade de comprobar as habilidades de Feijóo a medida que a polémica vaia decaendo ou non, e a medida que as palabras muden en feitos. Ó meu parecer atópase nunha encrucillada maiúscula: facerse eco das mentiras construídas dende eses espazos socias minoritarios e acometer reformas encamiñadas a devaluar a nosa principal seña de identidade como pobo, ou manter unha actitude cautelosa, de entendemento e de respeto, cunha das razóns de ser da nosa autonomía política (aquela que lle deu a posibilidade de ser quen é) a risco de “traizoar” ós ruidosos axitadores que tantas esperanzas depositaran nel para facer de Galicia un país no que o idioma de seu pase a ser considerado algo arcaico e residual, propio “dunha terra aillada, que mantivo a fala por mor do analfabetismo do campesiñado”, como defende un dos impulsores de Galicia Bilingüe. Neste dilema se atopa Alberto Nuñez Feijóo. Faga o que faga será criticado salvaxemente. O que ten que decidir é se quere estar á altura do seu cargo, ou ir da man daqueles que mesmo nin cren na figura dun Presidente da Xunta de Galicia.

disque 29/5/09, Galicia Hoxe

Galicia Hoxe
Disque a oposición non quedou a escoitar o que tivera que dicir o novo director da CRTVG. Disque os populares insisten en que o negociaron cunha parte da oposición, porque coa outra debe ser que non lles cadraba. Uns e outros podían ter posto algo máis da súa parte para non estragar tan cedo a elección dun bo profesional como Sánchez Izquierdo. Pode que o PPdeG non mereza un voto de confianza, pero a traxectoria do candidato si, e non custaba traballo darllo. Pode que falara cos socialistas, pero a O Noso Alberto pouco lle custaba exhibir un pouco da cortesía que predica, falar con todos e propolo como é debido.

disque 28/5/09, Galicia Hoxe

Galicia Hoxe
Disque o Valedor do Pobo acaba de descubrir que as queixas por temas relacionados co idioma baixaron no ano cero da imposición. A noticia é que non dimitiu logo de dicilo. Porque, vostede, señor Valedor, no informe do ano pasado, alertaba da guerra polo idioma baseándose en medio cento de denuncias illadas. Vostede foi un dos que deu credibilidade á teoría da imposición alertando de que viña. Coa súa ignorancia, a súa irresponsabilidade e os seus prexuízos, foi cómplice útil dos que sementaron o conflito lingüístico e agora planean a segregación. O decente é dimitir, home, non facer como se vostede só pasara por aquí.

27/5/09

disque, Galicia Hoxe 28/5/09

Disque a Igrexa reclama o control da franquía do Xacobeo. Non lle gusta que se use a Quintana para manifestacións ou concertos, ou que a xente se afane máis en pasalo ben que en rezar. Para ser tan sabia, a curia aprende mal. Xa dixo Xesús que a alegría é oración. O crecemento da convocatoria xacobea ten máis que ver coa súa expansión cara a novos espazos que co carácter relixioso. Como exemplo escatolóxico, mentan a indignación peregrina por ver retretes móbiles ao pé da Catedral. E logo, como naceu o Botafumeiro? Non era para purificar o viciado aire da Catedral e tapar o cheiro padecido polos sufridos camiñantes?

artigo el pais, 26/5/09

¿Adónde va Feijóo? · ELPAÍS.com ANTÓN LOSADA 26/05/2009 Sabido es que las deliberaciones del Consello de la Xunta son secretas. Pero sus vacilaciones públicas abren este Gobierno como un libro. Con alguna licencia poética pueden aventurarse los inquietantes debates de un Ejecutivo que, al menos en apariencia, se aplica más en ir saliendo de los charcos donde se mete, que en ejecutar con orden y método aquel contrato firmado por Feijóo en campaña. -Presidente, se embrutece el bilingüismo cordial- alerta el conselleiro de Educación. -Que pase el crack que fichamos para Política Lingüística. ¿Cómo va ese consenso, campeón? -Hay que enfriar el lío, presidente - asesora inteligentemente-. Para tranquilizar hemos anunciado que estamos estudiando la segregación lingüística -Muy tranquilizador, ciertamente. -Presidente, se sublevan en Pontevedra -avisa la conselleira de Sanidade-. Acabo de llegar de Vigo, de privatizar un poquito ese tercer hospital que no existe y no veas cómo quedaban... -A ver, Rueda, tú que estuviste de asesor en la Diputación y por tanto conoces bien aquella realidad, ¿qué les duele? -Yo es que más bien estaba de secretario general del partido. -Qué me dices, ¿y cómo te las apañabas con las dos cosas? -Los secretarios de ayuntamiento gozamos del don de la omnipresencia, presidente... Con tanto ajetreo no me familiaricé mucho con las costumbres locales, pero para mí que va a ser lo de la delegación de Vigo... Propongo sacar en la tele las salas donde se lo hacían Touriño y Quintana. -Qué transparente. -A la par que entretenido, presidente. -También podemos dar unas ayudas directas a los de Pontevedra por ir a Vigo -sugiere, emprendedor, el conselleiro de Industria-. De paso, podrían acercarse por Citroën y cambiar de coche... le llamaré plan re-viguízate. -Lamento interrumpir tanto caos creativo, pero la Cidade da Cultura se resiste a acabarse sola- recuerda el conselleiro de Cultura. -Oye Hernández, ¿si hubiera que certificar que ya está acabada, tú te animarías...? Se lo iba a pedir al superdelegado de Ourense, pero anda liado. -Una palabra tuya bastará para certificarla, presidente. -Todo arreglado entonces... Salgo de gira a explicarle a Mariano y a España cómo se ganan unas elecciones.
Aún sin cumplir los cien días de gracia, lo cierto es que el primer Gobierno de la restauración popular pasa más tiempo justificando lo que no hace que explicando lo que hace. La inmediata derogación del decreto del gallego ha degenerado en un culebrón ridículo y peligroso. Prometía regeneración pero dos de sus pesos pesados -Hernández y Rueda- renquean tocados por su personal manera de entender el servicio público. Decía que todo venía del afán de lujo de Touriño y las cuentas estaban echadas y salían, pero ya no sabemos si estamos en quiebra o vamos sobrados. Un día se rechazan las ayudas al automóvil de Zapatero alegando no tener ni para pipas y al siguiente se anuncian propias y con dos huevos duros. Una semana el burato mide 600 millones y a la siguiente se estira como un chicle hasta los 1.200. Incluso su medida estrella, la famosa reducción de altos cargos, se enturbia por el gasto opaco que al parecer generarán los famosos superdelegados.
El Ejecutivo de Feijóo corre demasiado deprisa en la dirección de convertirse en uno de esos gobiernos que parece no saber bien adónde va y logra poner a todo el mundo de acuerdo en una cosa: quieto y callado es cómo mejor está. A lo mejor tenía un plan porque contaba ganar las elecciones, pero o lo han olvidado o no le funciona. Feijóo disfruta aún del impulso de su victoria y del crédito del recién llegado, pero necesita resultados, electorales y de gobierno. Las alertas se han encendido y en política no se fía a nadie. Que se lo pregunte al bipartito si no. Rajoy también vivía un ciclo alcista hasta su derrota en el debate. La crisis amplía a diario la nómina de quienes llaman a Monte Pío reclamando soluciones. Sólo falta una victoria pírrica en unas europeas convertidas por su partido en un referéndum sobre Zapatero, o que Gürtel no tenga ese ansiado final feliz y ganen los inquisidores del siglo XXI. Entonces será como en la greguería de Gómez de la Serna: de noche el gobierno está en crisis total.

26/5/09

disque 26/5/09, Galicia Hoxe

Disque repunta o conflito do leite. Antes das eleccións, uns tiraban o leite e outros negábanse a recollelo. Despois das eleccións, seguimos igual. Só cambiou o Goberno pero na Xunta seguen pensando que gobernar é opinar. O novo Goberno, ademais de facer teoría xeral da regulación e cantar as loanzas do mercado, algo debería facer para buscar unha solución. Grupo lácteo non, di con razón Juárez, pero, daquela, cal é a súa alternativa? Os sindicatos deberan evitar unha violencia que os axuda pouco. E os que recollen deberan ser algo máis razoables; algún dos asesores do dono de Leite Río podería aprenderlles boas maneiras.

25/5/09

mil imaxes.....

Con razón a tantos nenos dánlles medo os paiasos.....

Disque 25/5/09, Galicia Hoxe

Disque os ben pensantes andan moi preocupados porque nestas eleccións se fala de todo menos de Europa. Así foi sempre, e así seguirá sendo mentres non se escolla un Goberno europeo. Mentres se siga elixindo só un Parlamento que non se sabe ben nin para que serve nin como funciona e que, sobre todo, non escolle o Goberno da Unión, será difícil incentivar uns cidadáns afeitos a elixir quen manda, non quen fai directivas. Pero esa é outra historia e mesmo moitos dos que hoxe tan angustiados están porque non se fale de Europa, serían os primeiros en se opor a un Goberno europeo. Por certo, falar da crise non é falar de Europa?