19/6/09

disque 19/6/09 Galicia Hoxe

Disque Obama presentou unha reforma a fondo dos sistemas de control dos mercados, das empresas e da defensa dos consumidores. Coa tradicional suficiencia europea, a cousa estánnola contando como un invento propios dos americanos. Dan a entender que aquí non fai falla, porque non nos asoballa o seu capitalismo salvaxe. Pode que si, pero cando isto da crise empezou os directivos das grandes empresas do IBEX cobraban de media un millón de euros e hoxe, logo de miles de mi- llóns de axudas públicas, de cuantiosas rebaixas fiscais e de aplicarse a fondo nos despedimentos, seguen cobrando o mesmo. Capitalismo non sei, pero salvaxe é abondo.

18/6/09

a nosa terra, Nº 1363 - 11 de xuño de 2009

17.06.2009 17:40 Logo da desfeita da Europeas, colocándose de novo por debaixo do 10% en apoio electoral e perdendo sobre todo nas cidades, o BNG ten diante de si dous camiños.
O primeiro é perseverar na senda da “satisfacción moderada” da que fala a UPG ao valorar os resultados. Seguir empeñándose en buscar votantes e país onde nin hai, nin se lles agarda. Enrocarse na análise Sartriana na que inferno son os outros e todo é culpa do bipartidismo, de Pepe Blanco, da dereita caciquil, dos medios de comunicación ou dos galegos, que non saben ver o bo aínda cando llo pos diante.
O segundo é asumir a crúa realidade de que o nacionalismo en Galicia aínda está en proceso de construción. Fai tempo que non medra nin progresa porque non sabe dotarse das ferramentas que fagan posible esa evolución: uns cadros renovados e preparados, unha organización competitiva, un liderazgo forte e non hipotecado, un discurso pegado ás demandas e necesidades da sociedade que pretende gobernar e unha oferta de políticas públicas que garantan a eficiencia, a calidade e o valor social da acción pública.
Para empezar a andar nesta dirección de xeito crible, semella inescusable a saída da sala de mandos de Paco Rodríguez e todo canto representa o a posta en marcha dunha profunda renovación da oferta a presentar nas vindeiras municipais.
O primeiro camiño leva, a curto prazo, á irrelevancia electoral e política. O segundo leva, a longo prazo, a competir pola maioría. De aquí ás vindeiras eleccións galegas é o tempo que lle queda ao nacionalismo para elixir o que queira e máis lle conveña.

mil imaxes

E logo qué son estes que andan polas rúas de Compostela, audis ou citrôen?....
(Fotografía, AL 17/6/09)

disque 18/6/09 Galicia Hoxe

Disque, segundo o CIS, O Noso Alberto é o líder máis líder para os galegos. O CIS equivócase ou non lle preguntou a Baltar. Como case todos os anos por estas datas, e puntual como un cobrador do frac, o vixía de Ourense anda argallando a tradicional revolta de alcaldes en defensa da provincia. Conflito do que el mesmo se encargará de vir alertar e, de paso, ofrecerá os seus servizos para acougalo sen danos. Todo polo módico prezo de ver incrementada, dalgún xeito que se note, a súa cota de poder. Nada persoal, só política. Co Patrón funcionáballe coma un reloxo. A incógnita é ver se lle vai funcionar igual co novo presidente

17/6/09

disque 17/6/09 Galicia Hoxe

Disque os listos que están despezando Caramelo decidiron facer de xuíz e parte, e perpetrar o despedimento de catorce traballadores polos incidentes da semana pasada. E logo en que cárcere habería que metelos a eles por ter decretado adrede un peche patronal ilegal e por tentar colar un ERE inxustificado só por gañar un puñado de euros máis? A inmoralidade da actitude do multimillonario Jove neste escándalo contrasta coa determinación coa que os traballadores resisten á desfeita que lles quere endosar. Non sei como nin se poden, pero algo máis debería poder facer a Administración para que o malo non gañe, polo menos desta vez.

16/6/09

disque 16/6/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Alberto e Zapatero acordaron que o do AVE vaia agora por escrito. Volvemos empezar. Xa pasamos por isto antes. Como cando se ían licitar todos os tramos este ano. Grandes anuncios, feitos cativos. Que sexa para ben, desta. Distraídos co episodio do tren, pouco sabemos do falado sobre financiamento, que é o relevante. Ao mellor, porque Zapatero aínda debe pór de acordo o seu partido, e O Noso Alberto, co seu. O dilema é idéntico en ámbolos casos: as comunidades máis dependentes queremos un modelo baseando en algo máis que a poboación e as desenvolvidas non. Por unha vez, Montilla e Espe están de acordo

15/6/09

disque 15/6/09 Galicia Hoxe

Disque o conselleiro Rueda lle propón un trato á oposición: eles deixan de armala no Parlamento e o Goberno deixa de mirar debaixo das alfombras. Como Vito Corleone: fareilles unha oferta que non poderán rexeitar. Outra exemplar contribución da dereita á xa angustiosa calidade da nosa democracia. A enlamada campaña electoral do PP trouxo esta política de bile e patada a romper as pernas do contrario. Non sei de que se queixan, porque isto é o que facían eles cando non gobernaban. A oposición, agora, págalles coa mesma moeda, e equivócase. Pero máis se trabuca un Goberno que goberna para os seus e acusa a todos os demais.

14/6/09

adrede, seción dominical no El Periódico de Catalunya. gran estrea.

El abstencionista invisible El Periódico de Catalunya Opinión ANTÓN Losada
Tras los argumentarios de fantasía para aliviar la noche electoral, van aflorando las agitadas resacas producto de ganar o perder. Recurriendo al imaginario catódico y para resumir, en el PP han pasado de sufrir un Falcon Crest, con Esperanza Aguirre de Ángela Chaning y Rajoy de incauto Chase Ioverti, a una permanente exaltación de la amistad en plan Vacaciones en el mar. Su problema es emparejar tanto amor donde reinaba la conspiración. En palabras de Camps, todos se quieren un huevo. Lástima que la pandemia de inquisidores no ceje y el tal Gürtel siempre llame dos veces.
En el PSOE ya no forman esa gran familia tan feliz al estilo de Con ocho Basta y se mueven en la tensa intriga propia de El internado. El liderazgo de Zapatero retiene las navajas, pero salen algunos cuchillos de postre para estoquear un poco a Leire Pajín, convertida en el personaje candidato a punto de llevarse el susto siguiente.
Ambos coinciden en algo: los abstencionistas les son invisibles y ajenos. En sus análisis, el voto es nacional y cuenta, mientras que la abstención es europea y que inventen ellos. Siendo ciertos los déficits de participación cuando falta el incentivo principal, elegir Gobierno, no lo es menos que buscaron movilizar a los suyos y fallaron. Rajoy reclamó el voto de castigo al Gobierno y cuatro de cada 10 de sus votantes del 2008 encontraron algo mejor que hacer. Zapatero pidió un voto de confianza y 5 de cada 10 se mantuvieron a prudente distancia de las urnas. En las generales todo cambia, pero los votantes son los mismos y algo habrán querido decir. Pero nadie escucha. ¿A quién debería interesar más? Sin duda, a los socialistas. La historia prueba cómo en elecciones con baja participación la derecha ofrece mejores prestaciones.