17/7/09

disque 17/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Alberto se abstivo no do financiamento polo noso ben. Non porque llo mandara O Noso Mariano, que mira ti tamén que casualidade máis casual, oe. Un argumento algo confuso, porque o voto ía por un lado e os cartos polo outro. Disque collemos a pasta, pero de mala gana, porque era cousa de principios e o modelo é moi insolidario. A ver, fagamos contas: empezamos pedindo 130 millóns máis; logo, 170, e, finalmente, 190. Para ser unha cuestión de principios, sonche bastante variables. Ou como diría Groucho Marx, estes son os meus principios, pero se mos paga mellor, teño outros. Pero dío O Presidente, así que seguro que foi así.

16/7/09

disque 16/7/09, Galicia Hoxe

Disque a policía cargou contra os gandeiros para que non sacaran os tractores. Nin tiña razón nin tiña por que empregarse con tanta saña. Dada a idade de moitos dos dispersados e a súa perigosidade, na televisión víase tan feo coma zouparlle a un pai. Como non son un banco e carecen de clientes ou aforradores a quen tomaren como reféns, ou como non son Citroën e non teñen traballadores aos que ameazar con despedir, en vez de axudas reciben boas palabras e paus. Di O Noso Alberto que o ten que amañar Madrid. Di Espinosa que o ten que amañar Bruxelas. Posiblemente Europa é culpable, pero seguro que eles tampouco son inocentes.

15/7/09

disque 15/7/09, Galicia Hoxe

Disque se xuntaron o dobre de tractores. Hai moitas cousas nas que levan razón: en reclamar que se faga por eles as cousas extraordinarias que levamos visto facer pola banca, as construtoras ou os fabricantes de coches; ou en esixirlles a todos os gobernantes que fagan algo, ademais de mostrarse comprensivos cos seus problemas. Hai algunhas cousas máis nas que se equivocan. Bloqueando unha cidade tres días non lle meten presión ao Goberno, métenlla aos cidadáns. Obcecarse en pedir un imposible, como que se aseguren os prezos, só os vai conducir á melancolía. Se queren gañar, deberán concentrarse en pedir algo que non lles poidan negar.

14/7/09

mil imaxes

E o verán cando dis que chega?..... (Fotografía AL. Riazor. Xullo 2009)

disque 14/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Alberto quere máis. Disque O Noso Guillerme tamén quere máis. Fan ben, que o que non chora non mama e o non que o digan eles. O que non se entende ben é como a Xunta segue facendo números aínda sen ser quen de facilitarnos unha cifra oficial para que todos poidamos botar as contas claras. Amén de seguir instalado Feijóo no basto manual anticatalán de producións Génova. Mesmo O Noso Pachi foi quen de dar unha cantidade, algo escurecida polos saltos de alegría que pega por tanta fartura. ¿A ver se vai ser que o presidente ten os mesmos problemas para botar contas que o seu conselleiro de Educación para contar e abrir sobres?

13/7/09

adrede, 12/7/09. El Periódico

En el principio fue la Teoría de la Conspiración, el clásico contubernio de resentidos y progres con que la nueva derecha despacha sus deslices. Gürtel era una escopeta nacional; Garzón era Sazatornil; Bárcenas y Camps, dos vidas ejemplares. Pero el mal no toma días libres. Los conjurados pasaron a inquisidores, sumando tribunales y jueces de orden. Se recurrió entonces a la conocida maniobra Escarlata O’Hara, poniendo a Dios por testigo de la palabra del «más honorable entre los españoles».Pero ni la honra es lo que era en la España de Zapatero. La gente se emperra en ver albaranes. Turno entonces para el será por dinero. En primer lugar, ya eran ricos. En segundo, son más listos. Pura envidia, pura maledicencia. Todo limpio, todo abonado en efectivo. Pagar con tarjeta está out si uno es alguien.
A falta de facturas, surge el discurso más querido de la derecha cuando la pillan in fraganti: todos los políticos lo hacen y todos son iguales, así que para qué vamos a cambiar nada ni a nadie. Rita Barberá ha revelado el modelo que alienta la estrategia popular: el modelo de la anchoa. Nada que rascar hasta que dimita Zapatero por cohecharlas. Esas gentes están en misión divina. No pueden dispersarse en detalles. ¿Qué les pasa a esos que exigen cuentas? ¿No leen los periódicos de Madrid? ¿No ven lo que acaba de votar el pueblo? Lo importante es derribar a ese individuo que nos lleva a la ruina y gobierna de chiripa, pues, como todo el mundo sabe, le tocaba a la derecha. El poder es suyo, es lo natural y el orden correcto de las cosas. Hágase lo que sea para restaurarlo. Hasta entonces, ni explicaciones ni responsabilidades. Quien las pida, o es un liberal o, peor, un ciudadano. Ni un paso atrás, ni para tomar impulso.

disque 13/7/09, Galicia Hoxe

Disque o Goberno xa ten modelo de financiamento e está tan contento que non puido agardar a presentárllelo ás comunidades autónomas. Tivo a necesidade imperiosa de convocar a prensa un domingo para compartir connosco a boa nova. Na comparecencia de Salgado sobrou propaganda e faltou información. Empeza o baile para convencernos do imposible: que todos gañamos. Ten razón O Noso Alberto e as formas non están sendo as mais axeitadas. E ten razón tamén cando reclama que os interlocutores sexan os presidentes autonómicos antes que os partidos. Debera comentárllelo aos seus colegas de Génova que onte mesmo esixían o contrario. A ver se nos imos aclarando todos.