4/9/09

Fogerty rides again....

The blues ridge rangers rides again, un disco de versións das cancións que lle gustan atacadas como so o mestre sabe facelo é seu últmio traballo. Menos mal que nos queda Fogerty cantando country. Temas coñecidos como o incendiado"When will I be Love" dos Everly a dúo con Springsteen ou a morriñenta Back Home Again de Denver conviven con pequenos clásicos descoñecidos coma "Garden Party" nunha elegante versión con Don Henley...
"está ben, aprendín a miña lección ben,
non podes gustarlle a todo o mundo
así que tes que gustarte a ti mesmo".
Coma no seu impresionante traballo anterior, Revival, as fotografías son do seu fillo, Jos e a súa muller, Julie....Na casiña que ben se está...

disque disque 4/9/09, Galicia Hoxe

o mesmo PP que gobernaba cando se optou polo modelo de "aeroporto-leira", di agora que vai facer unha política aeroportuaria única "cos alcaldes ou sen eles"; non vaia ser que inauguren eles máis e teñamos un disgusto.... ler o disque no Galicia Hoxe

2/9/09

disque disque 2/9/09, Galicia Hoxe

Unha protesta contida polas moitas crónicas incontinentes sobre o crime de Toén lidas e emitidas, especialmente nas televisións. Nunca entenderei ben o interese informativo de cambiar dor e sufirmento por titulares e cortes truculentos..... leer o disque no Galicia Hoxe

Publicidade Friki

Hai unha campaña publicitaria saíndo pola radio na que a idea forza
é que todo o mundo quererá ser galego porque che fan desconto nun
seguro. A alguén mais lle produce a mesma sensación de ser un indio
sioux a quen lle queren colocar auga de lume e contas de cores ou so é
cousa miña? Nun campionato de frikismo publicitario sería un duro
competidor para a apabullante campaña da Xunta para promocionar o seu
modelo de de "gratuidade por fascículos" dos libros de texto. En lugar
do que di, debera dicir: "A quen beneficia? Estámonos aclarando porque
nin o propio Feijóo o sabe aínda".

1/9/09

Volta á galiñaescola, 1/9/09 artigo no El Pais

o que vai pasar neste curso político que tamén empeza en Galicia. Van quedar todos contentos e por avisar que non quede...leer o artigo no ELPAÍS.com

disque disque 1/9/09 Galicia Hoxe

seguro que é polo noso ben, pero qué gran negocio che vén sendo esto da gripe A para unha industria sempre tan necesitada e pobriña como che é a farmacéutica....leer o disque no Galicia Hoxe

31/8/09

curso novo, blog novo

Sí amigos, é oficial.
Acabaron as vacacións e o Blog volve á vida para que non se diga e non dar que falar por aí.
Coma sempre comparece coas mellores intencións e tamen con algúns cambios.
O primeiro consiste en eliminar as seccións fixas para darlle contidos máis de "libreta de anotacións persoais" na que contar o que sexa menester.
O segundo supón abandoar á liña editorial do ano pasado de non contestar ós comentarios, para mellorar a interactividade e potencialo como ferramenta de diálogo e desparrame mental.
O terceiro implica apostar por incluir máis contidos orixinais para o Blog, ademáis de recoller, coma é marca da casa, todas as outras colaboracións en medios coas ligazóns correspondentes.
O cuarto é darlle unha lavada de cara para que se note que hai novidades e ganas de facer gasto.
A ver si sae.
Grazas a todos por estar aí e benvidos.
E logo da devoción, a oración: toca escribir o artigo do pais de mañá. Vai ir sobre o inicio do curso político en Galicia e o que se lles ven enriba a eses tres grandes homes: O Noso Alberto, O Noso Pachi e o Noso Paco (Rodríguez, of course).
Titulo provisional: "Vuelta a la Galiñaescola".
Toda axuda será benvida... pagada non, pero moi benvida.