10/9/09

volta á escola

Acabo de deixar á miña filla Mariña no colexio. Hoxe empeza terceiro e ia a muller encantada de poder volver ver a todos os compañeiros de clase e contarlles cómo pasou o verán aló na Mariña de Lugo, na praia de Esteiro, en Xove. Despois fun o despacho e tentei ler a prensa mentres tomaba un café antes de seguir retomando a actividade académica preparando as clases do primeiro semestre. Vendo os titulares estou certo de que Zapatero daría algo por cambiarse por mariña hoxe e poder volver a esa arcadia colexial onde aínda se poden resolver todos os problemas coa táboa de multiplicar. E eu daría moito máis que algo….. Xa postos e mirando a prensa de Madrid, pode que os políticos que non estea claro para quén falan os líderes e que semelle que so se ocupan das cousas que lles importan a eles, pero a prensa vaiche polo mesmo camiño.

disque 10/9/09, Galicia Hoxe

o que me quedou claro do debate de política económica no congreso dos deputados... ler o disque no Galicia Hoxe

7/9/09

cousas do mundo

A portada de El Mundo de hoxe ofrécenos una interesante coincidencia: a toda páxina e con groso tipo titula: “El PSOE jalea puño en alto que Zapatero suba los impuestos”. Xusto enriba da fotografía que o ilustra, anuncia una promoción “Hoy gratis un billete de Reich y tres sellos de los aliados”….
Qué nos quere dicir? So é una casualidade? Ou é unha mensaxe en clave? Será un complot? ou unha viaxe no tempo? Ou unha regresión á infancia?

disque disque 7/9/09, Galicia Hoxe

algunhas cousas que me chaman a atención cando se fala do botellón...ler o disque no Galicia Hoxe

adrede, 6/9/09. El Periódico

Dicía Wilde que os solteiros ricos debería de pagar máis impostos. Comporbado quén paga e cánto paga cada quen neste pais, parece un principio fiscal tan razoable coma outro calquera ....Ler o artigo Los solteros ricos de Oscar Wilde El Periódico de Catalunya Opinión