19/9/09

mil imaxes, misteriosas mensaxes nas placas oficiais.......

qué oculta este misterioso rotulo oficial? por qué non aclara qué instalacións foron financiadas exatamente? por qué nos ocultan esa información? qué levou a contrata? por qué esas instalacións e non outras? qué queren que non saibamos e por qué? quén foi o funcionario que deseñou a placa? oculta algunha mensaxe en clave? é unha mensaxe secreta nalgunha conspiración na sombra a que chaman "cofinanciamento"? quén mais cofinanciou e cánto cofinanciou? por qué pón "determinadas" e non "certas", "algunhas" ou "unhas cuantas"? demasiadas preguntas e moi poucas respostas, amigos e amigas.

18/9/09

disque 18/9/09 Galicia Hoxe

a machada de Quintás pedindo eleccións para ver se así gañan os seus saludada como se merece.......ler o disque no Galicia Hoxe

disque 17/09/09 Galicia Hoxe

unha disidencia entre tanto aplauso como leva colleitada a ocorrencia de Esperanza Aguirre da Ley de autoridade do profesorado.....ler o disque no Galicia Hoxe

16/9/09

disque 16/09/09 Galicia Hoxe

un comentario sobre a chusca autorización para que os atuneiros contraten seguridade privada con armas de l0ngo alcance.....ler o disque no Galicia Hoxe

15/9/09

Había debate?

Qué simpático resulta ver a socialistas coma Mendez Romeu reivindicar a programación da TVG de Suso Iglesias e programas como Hai Debate como faros de liberdade e pluralismo na longa noite da comunicación en Galicia…..... Non deixaron aparecer pola pantalla os muñegotes de Quintana, Feijóo e Touriño, boicotearon o programa canto puideron e canto lles deixaron, o mesmo Touriño nunca aceptou o convite para ir, fartáronse de dicir que estaba manipulado polo BNG –e por un servidor, perdón pola inmodestia pero para una vez que falan mal de min….-, o ben mandado Benigno Sánchez manobrou canto puido para desprestixiar o programa e eliminalo da oferta da canle pública e Roberto Cid negoulle sempre o seu carácter informativo….... en fin, nunca é tarde se aprenderon algo de todo isto.

artigo el pais, 15/9/09

Sálvame Alberto, ou de como o PP convirteu a Galicia nun plató de televisión e á politica galega nun programa rosa que se emite as 24 horas........ Ler Sálvame Alberto no ELPAÍS.com

disque 15/9/09 Galicia Hoxe

o que faltaba para que o do tren prosigua a alta velocidad a súa viaxe cara ó esperpento. Agora tócalle mamonearnos á candidata conservadora en Portugal... qué cruz ferroviaria......... Ler o disque no Galicia Hoxe

14/9/09

disque 14/09/09 Galicia Hoxe

xa fai un ano que descubrimos que non eramos tan ricos e que non ía todo tan ben...ai que ver cómo pasa o tempo cando se pasa mal.....Ler o disque no Galicia Hoxe

adrede, 13/9/09. El Periódico

a lei do goberno sostible ou de cómo a economía necesita dun discurso que a faga entender ou de ou de cómo facer amigos en Moncloa....Ler La ley del Gobierno sostenible El Periódico de Catalunya Opinión