25/9/09

Malestar na Voz de Galicia pola incorporación de Quintana a unha tertulia de políticos da COPE

Así deberá titularse a seudonoticia que publica hoxe o xornal de Santiago Rey, quen segue na súa campaña de axustes de contas persoais. Nunha crónica que deberá firmar Belén Esteban polo rigor dos seus contidos e a profesionalidade da súa concepción, coma é marca da casa sen dar un so nome, alude ó suposto malestar que hai no Bloque, especialmente na UPG, porque Quintana participa –por certo sen cobrar un peso- nunha tertulia de políticos da COPE, que polo visto é una emisora maldita para o nacionalismo. A incorporación proba, segundo a Voz, que Quintana non quere irse da política aínda que dimitiu. Da letura da “información” desprendese que Santiago Rey pensa que todo o mundo se rexe polo mesmo sectarismo ca il e que, coma il, todo o mundo se dedica a andar poñendo vetos z que non pensa coma il. Non me costa que no BNG se poñan vetos e moito menos a UPG. Non é o estilo do nacionalismo. Tamén se constata o monumental cabreo do editor coruñés ao comprobar que o editor que supostamente tumba gobernos non pode acabar cun indefenso exVicepresidente e que non vai parar ate remátalo. Triste papel o dos redactores que firman as seudonoticias coas que quen lles paga pretende matar políticamente a Quintana. ler a noticia na Voz de Galicia

disque 25/09/09, Galicia Hoxe

o "efecto Silleda" gañalle ao "efecto Benidorm"..... ler o disque no Galicia Hoxe

disque 24/09/09 Galicia Hoxe

de como un edil do PP en Silleda pón as cousas e aos seus presidentes no seu sitio.....Ler o disque no Galicia Hoxe

disque 23/09/09 Galicia Hoxe

Brave alberto ou da insubmisión fiscal que predica O Noso Presidente.... ler o disque no Galicia Hoxe

22/9/09

disque 22/9/09 Galicia Hoxe

o desafogue verbal de Fontela a exame. Agora teñen mal rollito, pero mira que estaba contento cando gañou O Noso Alberto.......Ler o disque no Galicia Hoxe

21/9/09

disque 21/9/09 Galicia Hoxe

estatuto ou non estatuto? sobre o urxente, o prioritario e o importante da reforma estatutaria que reabre Quintana no Parlamento....Ler o disque no Galicia Hoxe

adrede, 20/9/09. El Periódico

a mellor educación, o adrede dos domingos no El Periódico de Catalunya ou de como o da educación non se amaña a golpes de autoridade....Ler La mejor educación El Periódico de Catalunya Opinión