8/10/09

disque 8/10/09, Galicia Hoxe

Berlusconi, outro lider da dereita que se sinte perseguido e acosado por unha conspiración mundial contra dil......Il Jetalieri Galicia Hoxe

7/10/09

disque 7/10/09, Galicia Hoxe

ai Gurtel, Gurtel, qué lonxano parecías e qué preto fuches vir parar ou de como O Noso Alberto non se lanza tanto a pedir aclaracións aquí como alí..... Que fale Alberto! Galicia Hoxe

6/10/09

selección galega de billar, xa

a embaixada do billarismo galego no corazón das Ramblas de Barcelona, o lexendario "club de billar Monforte".
Está moi ben que haxa unha selección galega de fútbol. Está francamente mal que O Noso Alberto lle vaia dar o finiquito para aforrar uns pesiños e darlle gusto a ese "paleoespañolismo" rampante en Madrid, sempre a percura impenitente de sucesor para O Noso Mariano.
Pero qué pasa coa selección galega de Billar? outro dos nosos deportes nacionais secularmente desatendido e marxinado. Para cando Galicia disputando como se merece títulos fronte as grandes potencias mundiais do billar?

disque 6/10/09, Galicia Hoxe

os únicos que o teñen realmente claro son os piratas, ou eso parece........ Armadores, políticos e piratas Galicia Hoxe