17/10/09

Contra o vento?

Parécemo a min ou semella unha cara viaxando polo ceo xontra o vento?
Debo deixar o café de despois de comer?

sobre o galeguismo de centro

Amigos coma Lois suxiren no blog a importancia de que haxa un partido galeguista , de centro ou moderado e estrananse de que non o haxa e todos eses votos estean no PP. Comparto a conveniencia de que exista esa oferta no noso sistema político. A calidade da democracia galega multiplicaría de xeito exponencial e a comparanza irreal que sempre facemos con Euskadi ou Catalunya empezaría a ser algo mais real. Se non o hai é porque os galeguista moderados están comodos no PP pois Fraga soupo integralos co seu discurso sabedor de que esa era a clave para asegurar a maioría absoluta sen depender da desmobilización dos outros, como lle acontece a Feijóo. A eso axudoulle que ainda que o BNG se dirixía a outro electorado, o certo é que ocupaba e ocupa todo o espacio nacionalista, encarecendo ate o inasumible os custes de crear outra opción nacionalista competitiva en termos electorais. Ese escenario ten cambiado logo das pasadas eleccións. O PP do Feijóo obvia a necesidade de fidelizar a ese electorado galeguista. Sabe que non ten competidor e que non vai fuxir cara a ningunha opción alternativa. A súa preocupación é o voto urbano non galeguista onde si ten competidores emerxentes coma Rosa Díez. O BNG segue a ocupar o espacio nacionalista, bloqueando calquera outra alternativa, pero con un discurso resistencialista e de forza que renunciou a tentar ser partido maioritario ou de goberno. Unha estratexia que sen dubida servirá para fidelizar o votante mais militante, pero que dificilmente vaille permitir medrar electoralmente ou gañar ese espacio galeguista.

15/10/09

un mar de nubes

qué descanso para a cabeza no medio de tanto ruido e tanto repunante.....

disque 15/10/09, Galicia Hoxe

qué dixo que se acabara a festa no PP: máis e mellor que nunca. Costa, Rajoy e Camps ou a escopeta nacional en todo o seu esplendor.....Festa rachada Galicia Hoxe

13/10/09

artigo el pais, 13/10/09

seguindo o exemplo de Kant, Feijóo á percura da nai de todas ás éticas.... pero como non é tan meticuloso, pérdesenos un pouco polo camiño.....La ética feijoniana · ELPAÍS.com

disque 13/10/09, Galicia Hoxe

Volvemos da ponte e oe, qué casualidade máis casual que a Xunta saque outro informe misterioso sobre presuntas cousas que ó peor poidera ser que foran algo mal feitas poloo Bipartito e todo en pleno bamboleo do Gurtel....non?.... O xerente imaxinario Galicia Hoxe