20/10/09

por la calle de Alcalá, el espía viene y va...

é o o que teñen as grandes urbes cosmopolitas, que atopas de todo en pleno centro (rúa de Alcalá), mesmo productos de primeira necesidade coma este..... definitivamente en Madrid, a espiónaxe é un mercado emerxente e se non te espían, é porque es ninguén.....

disque 20/10/09, Galicia Hoxe

o chispeante Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, sempre dando espectáculo.....Insólito Rueda Galicia Hoxe

18/10/09

Os traballos de +BNG

Xurde no blog a pregunta de Caralladas sobre se +BNG debe tentar mudar o Bloque o sairse fóra. Libreme Brañas de dicirlle a ninguen o que debe facer. Pero hai algunhas cousas que se poden dar por sabidas antes de porse sequera a facer algo. A primeira é que fai moito frio fóra do BNG. Os custes de situar no "mercado politico" outra opción no espacio nacionalista son a dia de hoxe inamortizabeis. Non tanto por habilidade do Bng agora ou antes, senon por pura física electoral. Leva tanto tempo sen competencia que ocupou todo espacio por mera inercia. Ademais, calquera intento alternativo sempre poderá ser presentado como a mala reacción de malos perdedores. A segunda é de sentido común democrático. Houbo unha asemblea e gañou a UPG. Eso queren a maioría dos militantes do BNG. O que corresponde é colaborar lealmente para que saia o mellor posible, como están facendo os de Aymerich e moitos outros non fixeron antes cando debían. As municipais serán o punto de inflexión que determine si a actual dirección é a axeitada ou se compre abrir o debate que non se afrontou na asemblea: quén somos e qué queremos ser cando medremos. A terceira é que o que agora precisa o nacionalismo é traballar na construcción dunha oferta alternativa o actual pensamento dominante. Unha nova oferta de liderazgo pero sobre todo de políticas e de modelo de goberno e de pais.