Será una gran avance para o autogoberno galego o día que alguén decida que meter nun acto oficial un piano de cola, uns violíns ou un barítono, non o fai máis fino. Non digamos xa, cando deixemos de perpetrar ese horrible mix gaita-coral para interpretar o himno. Aportacións todas que debemos ao Touriñismo. Neso Fraga tiña mellor gusto, coma cos coches.
Deixando a parte ises detalles, recoñezo que non teño una opinión formada sobre o conxunto arquitectónico, que so puidemos ver parcialmente. A primeira impresión é que sobra algo de columna, abusa algo demais do pladur e se excede un pouco na arte do alicatado integral. No seu favor, compre alegar que é discreto no uso do gotelé, os acabados sonche de calidade e as caídas da auga semellan ben tiradas.
Tamén concordo co que dicían a maioría de cantos por alí andaban e o levaban visto varias veces. Hai que miralo con calma e con tempo, tendo claro o que está acabado e o que non. Ë diferente e co tempo, e o roce, se lle colle cariño a un esforzo tan sentido e tan sostido por demostrar que a humanidade equivocouse ao desprezar a liña curva como parámetro fundamental na arte da arquitectura.
Para o final do acto, a organización tíñanos reservada a maior das sorpresas. Segundo a interpretación megacursi do himno que atacaron, Galicia xa non é Nazom de Breogán. Senón que é ......... (silencio) de Breogán. Na mellor tradición de Democracia Feijoniana, vaise someter a consulta popular cómo encher semellante baleiro e evitar así o perigoso horror vacui colectivo. As opcións son:
1. Galicia é o galpón de Breogán
2. Galicia é o motel de Breogán
3. Galicia é un pivot do Breogán
Anímense en voten. Galicia non pode, pero vostede sí.