25/2/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.2.25

Sempre quixen conducir un bólido destes. A poder ser, mellorado con uns antiestáticos deses chulos nas rodas.
Coas fotos da familia no salpicadeiro e armado con todos os casttes de Van Morrison, unha manta, un termo de café e un cartón de Chester.
Pero aínda non fun perseverante dabondo.... creo.  Ou si, non sei..... En calquera caso, seguro que é culpa miña, coma sempre.

21/2/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.2.21

A revolución exipcia, obxecto instantaneo de potente marqueting comercial.
Como dixo o domingo pola noite
#minigadafi,
a "Facebook Revolution" a toda páxina nos xornais do domingo.
Qué anuncian exactamente?
Qué se nos quere vender?
Qué temos que comprar?
e
aínda
máis inquedante.
Quén nolo quere vender
e
xa postos
Onde o podemos comprar?
Haberá ofertas?
2X1?
3X2?