Istas imaxes, xunto con outras, están expostas nos andares da Facultade de Ciencias Políticas da USC. Forman parte de unha reportaxe gráfica do fotógrafo José Alfonso sobre os 3 millóns de nenos que traballan en Bangladesh. No mundo, calcúlase que agora mesmo hai máis de 200 millóns de nenos traballando.
Algunhas das fotografías están tomadas en fábricas nas que Intervida intenta facerlles chegar programas de educación.
No 1971, George Harrison e Ravi Shankar organizaron os dous concertos por Bangladés no Madison Square Garden de Nova York, co fin de recaudar fondos para os daquela refuxiados do chamado Pakistán do Sur.
Carlos Gardel equivocábase. Efectivamente, non vinte, senón que corenta anos son nada. nin volvela mirada, sequera...
2/3/11
1/3/11
Caderno de bitácora. Data estelar 2011.3.1
Así xuntos na foto, parecen os 4 Fantásticos do galeguismo....
No salón de Graos de Políticas da USC. O martes 1, ás 6, a primeira semifinal. O mércores 2, ás, 6. a segunda. Non hai data para a final que decida o futuro do Galeguismo.
Catro líderes, catro visións, so pode quedar un... ou non... depende... xaseverá...maloserá
No salón de Graos de Políticas da USC. O martes 1, ás 6, a primeira semifinal. O mércores 2, ás, 6. a segunda. Non hai data para a final que decida o futuro do Galeguismo.
Catro líderes, catro visións, so pode quedar un... ou non... depende... xaseverá...maloserá
28/2/11
Caderno de bitácora. Data estelar 2011.2.28
Paseando onte entre os que xa van parecendo os derradeiros días do inverno compostelán veume á memoria un poema dunha amiga a quén fai tempo demais que non vexo.... Cando mo deu a lér non o entendín. Dende onte, creo que sí
por ventura acollido
na academia da túa indolencia modular
acredito
a firme solvencia dos teus instantes
pola cadrada xentileza da enxeñería do teu espírito
queda o meu apuntalado
gañado
pola túa decencia simétrica
debera confortarme
unha ecuación de semellante pureza
empúrrame
murmura a maceira na horta
onde a malumaxe da casa vella ardeu.
empúrrame
murmura o carballo que fai sombra
onde tódolos antepasados da miña familia durmiron.
empúrrame
o mesmo que quero eu
EMPÚRRAME
(Poema orixinal de Mariña De Ceo. 1997)
por ventura acollido
na academia da túa indolencia modular
acredito
a firme solvencia dos teus instantes
pola cadrada xentileza da enxeñería do teu espírito
queda o meu apuntalado
gañado
pola túa decencia simétrica
debera confortarme
unha ecuación de semellante pureza
empúrrame
murmura a maceira na horta
onde a malumaxe da casa vella ardeu.
empúrrame
murmura o carballo que fai sombra
onde tódolos antepasados da miña familia durmiron.
empúrrame
o mesmo que quero eu
Suscribirse a:
Entradas (Atom)