9/4/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.4.9 (y 2)

Qué portada a de aquel día!
Á realidade sempre se acaba abrindo paso, por moito que se lla quera tapar. Embaixo do aparatoso titular, a fotografía, a imaxe que vale, efectivamente, mais ca mil verbas.
Por certo. Quén é ise señor que sae na foto e semella tan indignado pola corrupción?

Caderno de bitácora. Data estelar. 2011.4.9

Así se accede á igrexa civil da administración local no que vén de convertir Gallardón o marmoreo Pazo de Cibeles.
Tanta austeridade, sobrecolle o ánimo nestes tempos incertos.
Cómo era aquelo de Quevedo? Miré los muros.....

8/4/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011. 4 . 8

Velaí o único sitio decente onde un cabaleiro pode e debe estar nestes días de calor abafante.

O vento do deserto que vén de África ardendo polo aire, semella non resultar tan doado de deter na fronteira como os refuxiados cando xa non fan falla para xustificarnos, ou coma os inmigrantes cando xa non nos fan servicio.

Debería haber mar para todos en días coma este. A verdade é que debera de haber mar para todos sempre. O que non se entende é que se faga tan complicado, habendo como hai mar de sobra

5/4/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.4.5

E como cada ano dende que existe o blog, velai esa fotografía clásica que nos confirma que Xa! é primavera no Campus da USC.
E como vén este ano a condenada, rabea de pura forza e tanta cór. Cansa solo de mirala.

3/4/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.4.3

Sortear hasta que toque.... Os gregos tamen recurrían ao sorteo. Un procedimento claro. Un proceso ordenado. Unhas regras obxectivas. As mesmas oportunidades para todos e todas. Un obxectivo definido. Un resultado seguro..... Ben podería ser un modelo para as chamadas "sucesións" nos partidos políticos, ou non?