18/10/09
Os traballos de +BNG
Xurde no blog a pregunta de Caralladas sobre se +BNG debe tentar mudar o Bloque o sairse fóra. Libreme Brañas de dicirlle a ninguen o que debe facer. Pero hai algunhas cousas que se poden dar por sabidas antes de porse sequera a facer algo.
A primeira é que fai moito frio fóra do BNG. Os custes de situar no "mercado politico" outra opción no espacio nacionalista son a dia de hoxe inamortizabeis. Non tanto por habilidade do Bng agora ou antes, senon por pura física electoral. Leva tanto tempo sen competencia que ocupou todo espacio por mera inercia. Ademais, calquera intento alternativo sempre poderá ser presentado como a mala reacción de malos perdedores.
A segunda é de sentido común democrático. Houbo unha asemblea e gañou a UPG. Eso queren a maioría dos militantes do BNG. O que corresponde é colaborar lealmente para que saia o mellor posible, como están facendo os de Aymerich e moitos outros non fixeron antes cando debían.
As municipais serán o punto de inflexión que determine si a actual dirección é a axeitada ou se compre abrir o debate que non se afrontou na asemblea: quén somos e qué queremos ser cando medremos.
A terceira é que o que agora precisa o nacionalismo é traballar na construcción dunha oferta alternativa o actual pensamento dominante. Unha nova oferta de liderazgo pero sobre todo de políticas e de modelo de goberno e de pais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moitas grazas.
ResponderEliminarSobre a primeira reflexión estou totalmente de acordo. O BNG ten a capacidade de fagocitar calquera outra forza política de corte semellante.
ResponderEliminarSobre a segunda discrepo. O 1M gañou o PP con maioría absoluta e iso non significa que todos teñamos que dicir "amén" a todo que faga. Existe unha oposición que denuncia e critica todo aquilo co que non concorda. O mesmo ocorre dentro dunha organización cando as decisións se toman por maiorías e non por acordos, como corresponde a unha fronte política. Cando as cousas se fan así tamén hai que saber aceptar oposicións internas... e o que queira lealdades que vaía para o PP.
Sobre a terceira, insistir nalgo que sempre veño dicindo: o BNG naceu sendo nacionalista, soberanista e de esquerda. Poderá converterse noutra cousa, iso quere +BNG (rexionalista de centro e, por suposto, de soberanista rien, de rien, e pode que o logren, mais o que nunca se levarán consingo será o apoio dos que si conservan o verdadeiro espiritu do BNG. Perderán o seu voto, o noso voto, sin que ninguénlles garanta que pesquen algo no caladeiro do PP. Para exemplo xa ten o 1M (ah no, perdón, que as eleccións do 1M perderonse por culpa de La Voz)
Recoméndolle que lea, si non o fixo, a entrevista de A Nosa Terra a Fermín Bouza. Di moitas cousas, entre elas, referíndose ó bipartito, "a ignorancia é total en materia de comunicación política". Teño que decirlle que estou dacordo con Fermín.
ResponderEliminarPois non sei, pero para gañar as vindeiras eleizóns hai que mudar de xeito de levar unha campaña eleitoral e sacarlle todo o lixo ó PP, incluido o persoal, que ten dabondo.
ResponderEliminarA campaña do BNG foi pésima -coma a do Psoe- pero tamén contou coa falla de meios de comunicación afíns que cheguen á meirande parte da poboación -a irrupción do grupo Intereconomia foi brutal en determinados grupos poboacionais-.
Dempois esta conservar o voto de seu nacionalista e tentar acadar a outros votantes -complexo pero que non queda outra se se quere superviver-.
Non sei coma estarían as cousas en enquisas de intención de voto na Galiza, mais coido que coas "frijoladas" que estamos a ver e a alviscar, moitos dos que ficaron na casa -votantes de esquerda- arrepíntense do que fixeron.
E tamén hai que mirar quen dentro do BNG teria que ser cabeza de lista: coido que nin Vazquez nin Aymerich serian boa eleizón, persoalmente quedo coa idea de que Tareixa Táboas seria a candidata máis axeitada... pero bo, coma tudo, isto é unha opinión.
Haiche moito asesor de campaña americanizado, fago un inciso musical, hai un tema de Caetano onde lle canta aos que dixeran que el voltara americanizado, pero este non é o caso. A posta en escea dos mítines do bng e do psoe penso que era moi boa, as mensaxes non estaban mal, entón cal é o problema?, pois modestamente penso que algúns estudiosos trasladan ó pe da letra todas as técnicas de marketing político sen adaptalas á realidade galega. Hai que facer máis traballo na rúa. Fálase do impacto de intereconomía, sendo esta unha cadea ben pequena, ou de galiciapilingue, sendo estos catro gatos. Si nós somos catro gatos, tamén poderíamos ter ese impacto. Polo tanto, otro inciso musical, estamos en crisis pero hai que reflexionar, neste caso non vou decir o grupo. Erros do goberno bipartito si, pero erros de estratexia da campaña e do deseño da mesma tamén e moi importantes, e non vin a ningún responsable deste asunto asumir responsabilidades. Por eso falaba, sutilmente, aínda que vexo que ás veces non funciona, da entrevista a Fermín Bouza na resposta na que falaba da ignorancia total en materia de comunicación política do bipartito.
ResponderEliminarnon Xosse, perderonse porque as masas populares galegas decepcionadas pola falla de pulo revolucionario e nacionalista do Bipartito preferiron que gañara gañara a dereita, que é máis practico e así podemos ir de manifa todos os días e queixarnos do mal que nos trata a vida e do malos que son....
ResponderEliminar