6/10/09

selección galega de billar, xa

a embaixada do billarismo galego no corazón das Ramblas de Barcelona, o lexendario "club de billar Monforte".
Está moi ben que haxa unha selección galega de fútbol. Está francamente mal que O Noso Alberto lle vaia dar o finiquito para aforrar uns pesiños e darlle gusto a ese "paleoespañolismo" rampante en Madrid, sempre a percura impenitente de sucesor para O Noso Mariano.
Pero qué pasa coa selección galega de Billar? outro dos nosos deportes nacionais secularmente desatendido e marxinado. Para cando Galicia disputando como se merece títulos fronte as grandes potencias mundiais do billar?

No hay comentarios:

Publicar un comentario