Amigos coma Lois suxiren no blog a importancia de que haxa un partido galeguista , de centro ou moderado e estrananse de que non o haxa e todos eses votos estean no PP. Comparto a conveniencia de que exista esa oferta no noso sistema político. A calidade da democracia galega multiplicaría de xeito exponencial e a comparanza irreal que sempre facemos con Euskadi ou Catalunya empezaría a ser algo mais real. Se non o hai é porque os galeguista moderados están comodos no PP pois Fraga soupo integralos co seu discurso sabedor de que esa era a clave para asegurar a maioría absoluta sen depender da desmobilización dos outros, como lle acontece a Feijóo. A eso axudoulle que ainda que o BNG se dirixía a outro electorado, o certo é que ocupaba e ocupa todo o espacio nacionalista, encarecendo ate o inasumible os custes de crear outra opción nacionalista competitiva en termos electorais. Ese escenario ten cambiado logo das pasadas eleccións. O PP do Feijóo obvia a necesidade de fidelizar a ese electorado galeguista. Sabe que non ten competidor e que non vai fuxir cara a ningunha opción alternativa. A súa preocupación é o voto urbano non galeguista onde si ten competidores emerxentes coma Rosa Díez. O BNG segue a ocupar o espacio nacionalista, bloqueando calquera outra alternativa, pero con un discurso resistencialista e de forza que renunciou a tentar ser partido maioritario ou de goberno. Unha estratexia que sen dubida servirá para fidelizar o votante mais militante, pero que dificilmente vaille permitir medrar electoralmente ou gañar ese espacio galeguista.
móllese señor Losada!! Debe +bng tentar mudar ó bloque, ou o bloque non ten remedio e a solución pasa por fundar un partido socialista galego?
ResponderEliminar(caralladas outra vez tocando a perrecha...)
Bo analise , sen dúvida,
ResponderEliminaro espazo xa está ocupado
http://www.converxencia.eu/
unhas cousas.
1)O pp non só quiso a upd senón o voto de "izquierda española" do psoe, que todos sabemos que o hai, por desgraza a moreas(sen olvidar os soños madrileños propios dun neopailán do sr frijol)
2) Quintana e +bng poden "socialdemocratizar" o bng, perdón por o palabro, cousa que vexo moi positiva,pero acredito imposible poder morder amplos sectores electorais do pp.Un C21 forte fará espabilar a upg, e daralle alas a +bng.
3)Podemos dar por válido o seguinte razonamento algo simple(corrixeme se o cres errado)
1-Galiza e máis españoleira que galeguista
2-Galiza e algo máis de dereitas que de esquerdas
3-Pero dereitas e españoleirismo e minoritario
Por elo se o pp encarase para o españoleirismo, c21 daralle caña dende perspectivas de dereita liberal, se volta a un folclórico-nacionalismo, daremoslle caña igual, pero dende a esquerda o bng pode coller pulo.so é unha pequena reflexión