30/1/10

Caderno de bitácora. Data estelar 2010. 1. 30

Dar un paseo non é algo tan seguro ou apacible como semella cando cho
aconsellan os médicos. Este é un mundo raro, cheo de riscos e
ameazas. Menos mal que velan por nós eso que chamamos "as
administracións". No seu afán de servicio e por si foran poucos os
determinados, ainda por riba avísanche da existencia dun inquedante
"perigo indeterminado". Asi que ti saberás. Se che pasa algo é cousa
túa, que elas xa cho advertiron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario