Onte pola noite chovía en Madrid. Hoxe saiu ese sol de inverno que
parece como se lle devolvera a vida a esta cidade. O aire séntese
limpo. Daba gusto pasear polas rúas a primeira hora da maña. Madrid
gaña o frío, Ate a T4 semella ser un sitio agradable. Ali preguntei
polo controlador que gaña 900.000 euros. Pero ninguén me soubo dar
razón de onde atopalo para que me conte como o fai.
Primeiros Desayunos de TVE do 2010. Desexos de bo ano e boa sorte con
bos amigos como o camarada Sergio, o sutil Germán Yankee, a
intelixente Anabel Diaz e a mais potente e quen mais manda, Ana
Pastor. Decorado novo e mais grande. Mais sitio pero mais distancia.
Semetáronlle unhas luceciñas pequenas e prateadas polas paredes que
quedan moi monas pero marean algo demáis.
Non hai palabras para o de Haiti. A ver a comunidade internacional
comparece logo de telos abandonado a súa mala sorte durante décadas
Veu Cristobal Montoro, o economista do Pp, un home afable que tén
tendencia a ser algo espeso Pero hoxe non o estivo e fixo unha faena
apañada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario