26/12/10

Caderno de bitácora, data estelar 2010.12.26

Seguín con asombro, e crecente pasmo, o numeriño que lle montaron a Manolo Rivas co da Brétema. Por se alguén non o sabe, trátase de cómo se lle teñen deslizado imputacións de plaxio por terlle chamado Brétema ao pais onde sucede Todo É Silencio. Polo visto, chámalle así tamén Marina Mayoral ao país onde pasan as súas obras. Na segunda edición da novela de Rivas, vaise cambiar o nome e a editorial desculpouse coa autora.

Non me sorprende en exceso que certos medios culturais aproveitaran a coincidencia para encherlle as costas de coitelos. Teño para min que vai boa que andaban buscando como zouparlle a un autor a quen llas gardaban por outras razóns que non son literarias.

Rechamoume máis a atitude de Marina Mayoral, facéndose a desagraviada, dando a entender que desculpaba a presunta copia por boa e xenerosa. "son cosas que pasan", pero cuando pasan entre buena gente, como somos los implicados, se pueden arreglar. Agradezco a mi colega Rivas y a editorial ALFAGUARA su buena actitud para resolver este tema...." Disque dixo.

O leal e honesto intelectualmente debería ter sido saír a calárllela boca en público a todos quen dispararon a discrecion, valéndose dunha impostura e por axustar contas. Pero iso so debo pensalo eu, que son algo raro.

A dúbida que me queda agora é se quen non somos tan boa xente podemos usar a palabra. Non sabia que brétema tiña copyright. Pensaba que era nosa. Se o ten, que me digan onde lle pago os dereitos por empregala e fareino gustoso. E vostedes xa saben. Utilícena con precaución que ten propietaria. Non fagan coma min..... E agora si mo permiten..... brétema, brétema, brétema, brétema, brétema, brétema, brétema, brétema, brétema, brétema, brétema, brétema....

3 comentarios:

  1. Estou convencido de que chega un escritor en castelán a Alfaguara cunha novela que suceda en Región e convídanlle a mudar o nome. E Región seguramente tampouco ten copyright. Máis era o espazo da obra literaria de Juan Benet, publicadas tamén nesa editorial.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo26.12.10

    Jehová, Jehová, Jehová, Jehová

    ResponderEliminar
  3. Pois vostede aínda non escribiu tantos "bretema" como aparecen no google.
    Vaiche ter traballo a Marina como comece a loitar con todos, no mellor dos casos o mesmo consegue máis vendas que Rivas, ou non se trata diso?.
    "Que falen dun aínda que sexa mal" non si?
    Bicos

    ResponderEliminar