16/4/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.4.16

Aznar is back. Con un inglés propio de "Torrente 5 the final Countdown", púxose a aleccionar a mozas e mozos da Columbia University sobre xeoestratexia e política internacional. O resultado é tan brutal como peripatético.

O seu razoamento é implacablemente trileiro. O coleguita Gadafi renunciou ao terrorismo e desfíxose das armas -bueno, vale, non de todas, gardou algunhas por motivos sentimentais- . O enrollado Gadafi fíxose amigo de Occidente -sí, vale, ate o propio Aznar, nun arranque de honestidade intelectual, califícalle de "extravagante", que é como se lle adxetiva aos dictadores cando son amigos-. O superguay Gadafi ía polo bo camiño e vai Occidente e atácalle, indignase o forzudo Aznar.

Xa metido en gastos, confirmou a impresión xeneralizada de que a democracia xa se aprecia como unha gozosa realidade en Iraq. Igualmente que Obama e os líderes europeos son unha banda de lilas, que non saben como hai que tratar a ista xentiña do mundo árabe.

Oído todo isto, o único que se pode facer é dar a grazas a quén corresponda porque non nos metera en desordes ainda maiores dos que nos empantanou. Puido ser moito peor, aínda. E mira que semellaba difícil.

Xa dicía Einstein que hai dúas cousas infinitas, o Universo e a estupidez humana. E do Universo, no estaba completamente certo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario