8/4/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011. 4 . 8

Velaí o único sitio decente onde un cabaleiro pode e debe estar nestes días de calor abafante.

O vento do deserto que vén de África ardendo polo aire, semella non resultar tan doado de deter na fronteira como os refuxiados cando xa non fan falla para xustificarnos, ou coma os inmigrantes cando xa non nos fan servicio.

Debería haber mar para todos en días coma este. A verdade é que debera de haber mar para todos sempre. O que non se entende é que se faga tan complicado, habendo como hai mar de sobra

No hay comentarios:

Publicar un comentario