30/1/09
disque 30/1/09
acabar con isto dunha vez
Disque o alcalde de Lugo chamou en ultramar pola insubmisión electoral e pideulle os emigrantes que voten con razón ou sen ela. Disque o amor do PP polos galegos de acolá depende de se teñen ou non pasaporte: se teñen papan e se non , pasan fame. Cando as eleccións Bush-Gore, todos contemplamos asombrados á primeira potencia mundial votar e amañar resultados coma nun pais bananeiro. O noso caso é peor. Non é un fallo do sistema, é o sistema e aporta máis votos que Ourense. A alguén lle queda dúbida de que esto so se acaba eliminando o voto emigrante e o único dereito perdido será o de Populares e Socialistas a rapiñalo?
PUBLICADO EN GALICIA HOXE. 30/1/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario