2/2/09
disque 2/2/09
Un episodio de 'Dallas'
Disque en Sogama, máis que reciclar residuos, o que deberían é de empezar por ventilar a propia empresa e sacar o lixo fóra. Máis que unha empresa pública, parece un episodio de Dallas: acusacións de contratos opacos, análises alteradas, despidos daquela maneira e loita sen piedade polo poder. Catro anos despois de tomar posesión do cargo, o conselleiro do ramo anuncia que vai tirar da manta. E ao primeiro que lle quedan destapados os pés é a el mesmo. Cando un se pon a facer limpeza ao remate da lexislatura, demostra, no mellor dos casos, que o tiñan enganado, e no peor, que o sabía pero non foi quen de amañalo antes de que estoupara.
Publicado en GALICIA HOXE 2/2/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario