a estratexia do dentista
Disque A Nosa Espe, a ambición loira, anunciou que o Parlamento de Madrid vai crear unha comisión para investigar a superprodución de espías estilo Torrente que semella se ten argallado no marco incomparable da Comunidade Autónoma. E é que hoxe en día, no Foro, se non te espían aínda que sexa pouco, es un ninguén. Disque O Noso Mariano lle mandou anunciar á Cospedal que o PP suspendía a investigación interna que, de tan discreta, parecía clandestina. Na grande e unida familia popular, imponse a táctica do chiste do dentista: agarrarse polas partes sensibles e dicirse cun sorriso que ninguén lle vai facer dano a ninguén.
Publicado en GALICIA HOXE 3/2/09
No hay comentarios:
Publicar un comentario