Traballando co Boss
víase vir. O Boss saca un disco e cáenlle paus por todos os lados. O rapaz ten bo lombo e aguantará. A acusación de plaxio aos Kiss da tanta risa como a maquillaxe que usaba a banda. Pero non deixa de ser rechamante que as peores críticas lle veñan de medios e comentaristas de marcada tendencia conservadora.
E é que a política non lle da máis que desgustos. Cando Ronald Reagan quixo apropiarse da súa lírica e citouno sen permiso nun discurso, contestoulle dedicándolle una das súas pezas máis amargas: Jhonny 99, a historia dunha das vítimas dos reaganomics. Non lle valeu de nada. Medio mundo colocouno no lado escuro de Norteamérica.
Nas elección do 2004, embarcouse nunha xira á favor do candidato demócrata, Kerry. Vote for change percorreu o pais e perdeu. E cada día, fans republicanos ían queimar discos á porta da súa casa.
Implicouse coma un militante na campaña de Obama. E agora recolle os froitos: hai tantas ganas de zouparlle ao novo presidente que porque non empezar por ese roqueiro que lle axudou a derrotarlles e representa eses valores que pensaban vapuleados polas forzas do mercado?
Logo de viaxar de costa a costa fai ano, o Boss conta que a mellor definición dos USA atopouna nun cartel á entrada da tenda nun vello síux na reserva: Esta é a terra da liberdade, da xustiza e da falla de piedade”.
Eu non sei de música e canto fatal, pero son de Sprinsteen. Todos os seus discos van comigo. E algunha das noites máis potentes que lembro: o concerto de Madrid, o de Barcelona cando a xira de Amnistía internacional.
Dende que o teño, non paro de escoitar Working on a dream e gústame. Conten grandes momentos sonoros que me devolven a The River. E xa saben, un soño é una mentira se non se fai verdade ou é algo peor que me leva río abaixo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario