Lea en Kosovo
Disque hai rebumbio pola retirada da polvoreira de Kosovo. Disque houbo teatro e protagonismo de máis da ministra no anuncio e que algún colega andaba nas patacas. Seguro que se puido e se debeu facer mellor. Pero para descoordinación, a dos populares, que un día aplauden a retirada e ao seguinte a condenan. Os mesmos aliados que unilateralmente, e contra o criterio do Goberno español, recoñeceron a independencia de Kosovo, acusan agora de unilateralismo a un Zapatero que levaban tempo avisando da incomodidade de custodiar o precedente balcánico. Fanse os ofendidos, como se a política internacional fose una cuestión de lealdade e non de intereses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario