8/4/09

disque 8/4/09 Galicia Hoxe

Zapatero arrastra
Disque o novo Goberno gaña en perfil político, toma a iniciativa e reconduce parte da lea competencial que tiñan montada algúns xenios do organigrama anterior. Disque a un Executivo de xente sen peso o substitúe outro de tanto peso que non se sabe ben como o van distribuír para que non afunda todo. De momento, o único seguro é que segue a ser un Goberno con demasiados ministerios para moverse coa axilidade que requiren estes tempos. Zapatero dobrou a aposta cara ás europeas e arrastrou botando todos os triunfos. Tócalle xogar carta a O Noso Mariano, e non lle queda outra que ver como se amaña para cantar as corenta

No hay comentarios:

Publicar un comentario