Galicia Hoxe
Disque o Valedor do Pobo acaba de descubrir que as queixas por temas relacionados co idioma baixaron no ano cero da imposición. A noticia é que non dimitiu logo de dicilo. Porque, vostede, señor Valedor, no informe do ano pasado, alertaba da guerra polo idioma baseándose en medio cento de denuncias illadas. Vostede foi un dos que deu credibilidade á teoría da imposición alertando de que viña. Coa súa ignorancia, a súa irresponsabilidade e os seus prexuízos, foi cómplice útil dos que sementaron o conflito lingüístico e agora planean a segregación. O decente é dimitir, home, non facer como se vostede só pasara por aquí.
eso digo eu, cando dimite...
ResponderEliminar