Vitoria axustada
Disque Zapatero aproveitou a fondo a vantaxe que dá ter o BOE neste tipo de partidas. Nun día fixo todos os anuncios que ao mellor debía facer no que vai de ano para darlle á opinión pública a sensación de decatarse do que pasaba, e non ter malgastado tanta credibilidade. O Noso Mariano estivo intelixente, como sabe, para meter o dedo nas contradicións do Goberno, pero empeza a acusar o seu propio problema de credibilidade por parecerlle mal todo, incluso cando o Goberno rectifica e medio lle dá a razón. Xa sabemos todos que o Goberno é culpable. Pero, para deixar de ser oposición, axuda moito avisar do que farías estando ao cargo. Ademais de meter o medo, convén inspirar confianza, aínda que sexa pouca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario