En Madrid tolearon
Disque fulminaron o xefe de Deportes de TVE por censurar os asubíos a El-Rei. Só ou en compaña dou-tros, decidiu que en democracia todo é tolerable menos pórlle fío musical á monarquía. Boa parte dos medios capitalinos censuran os seareiros do Barça e do Atletic por querer xogar a Copa e logo asubiarlle a El-Rei. Polo visto é un pack inseparable; quen queira copa, debe levar tamén rei. Os máis patriotas ven outra proba de que España acabará pechando por derruba. Estas madrileñadas xa aburren de puro repugnantes. Este desparrame de intelixencia coincide cun estudo que proba que hai cocaína no aire de Madrid. Casualidade? ou non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario