Disque repunta o conflito do leite. Antes das eleccións, uns tiraban o leite e outros negábanse a recollelo. Despois das eleccións, seguimos igual. Só cambiou o Goberno pero na Xunta seguen pensando que gobernar é opinar. O novo Goberno, ademais de facer teoría xeral da regulación e cantar as loanzas do mercado, algo debería facer para buscar unha solución. Grupo lácteo non, di con razón Juárez, pero, daquela, cal é a súa alternativa? Os sindicatos deberan evitar unha violencia que os axuda pouco. E os que recollen deberan ser algo máis razoables; algún dos asesores do dono de Leite Río podería aprenderlles boas maneiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario