5/5/09

disque 5/5/09 Galicia Hoxe

Paxaros? Avións? Non, superdelegados Disque O Noso Alberto xa ten os seus superdelegados listos para despregar os seus poderes polas provincias da Gallaecia. Hai que recoñecerlle o adianto e o aforro de eliminar a inflada e confusa estrutura de delegacións da Xunta. Agora estaremos atentos a que isto non se encha de subdelegados e nos acaben facendo o calote que xa nos meteu Madrid cambiándolles de nome aos gobernadores. Hai que reprocharlle que, xa metidos en gastos, non aproveitara para explicarnos con claridade que fai exactamente un superdelegado, se política ou xestión. Porque visto o perfil dos nomeados, técnicos, o que se di técnicos, non che son.

1 comentario:

  1. En Ourense o super-delegado é un comisario político. Contra o Psoe, e contra Baltar.
    Parece unha provocación.
    Vai xenerar tensións.
    Po-lo tanto recuamos, e eso non é bó.

    ResponderEliminar