Emboscada popular
Disque xa temos lehendakari non nacionalista en Ajuria Enea, e cómpre felicitalo e celebrar a alternancia. O gran gañador da operación, o PP, agarda nunha discreta segunda liña a que chegue o seu momento para empezar a apertarlle as caravillas a un PSOE que se meteu encantado da vida nunha trampa para elefantes ao servizo do discurso, os obxectivos e a estratexia dos populares. A intelixente marcha de Ibarrretxe fará que o PNV vaia deixando de comportarse como un personaxe de culebrón venezolano e asumindo que non é unha desgraza perder o Goberno, e que mesmo se aprende moito. Vía libre para o Goberno transversal que queren a maioría dos vascos.
Como titulan hoxe no Frankfurter Allgemeine Zeitung,o comezo dunha nova era. Benvida sexa.
ResponderEliminar