8/6/09

disque 8/6/09, Galicia Hoxe

Galicia Hoxe
Disque O Noso Mariano quitou a peor das vitorias que podía ter gañado. Disque Zapatero quitou a mellor das derrotas que podía ter sufrido. Con todo ao seu favor, O Noso Mariano non remata. Con todo en contra, ZP non se deixa rematar. Os dous farían mal en dar os resultados por bos e quedar tan contentos. O presidente conserva aínda un crédito electoral importante, pero que a cada convocatoria vai a menos. O Noso Mariano gaña pero sumando menos votos que hai catro anos. Algo deben estar facendo mal os dous para que nunha campaña dirixida sobre todo a mobilizar os seus, o resultado sexa a desmobilización e a desconfianza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario