10/7/09

disque 10/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Alberto presentou outro plan anticrise. Pero non presentara outro hai nada? -o dos 144 millóns-. Ou ese era só de austeridade? Van ter que editar un folleto orientativo. Entre os que deixara feitos o bipartito, os de Zapatero e os da Xunta actual non hai quen se entenda. Seguro que é un plan dos bos e que vai ser de moita axuda. Pero o que ten mérito de verdade é como atopan un burato de seiscentos millóns un día, agrándano aos mil douscentos despois, retiran a gratuidade dos libros por tres millóns de nada e agora fan aparecer 1.400 millóns. Como se nota que goberna a dereita. Eles si que saben manexarse coas grandes cifras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario