Sí amigos, é oficial.
Acabaron as vacacións e o Blog volve á vida para que non se diga e non dar que falar por aí.
Coma sempre comparece coas mellores intencións e tamen con algúns cambios.
O primeiro consiste en eliminar as seccións fixas para darlle contidos máis de "libreta de anotacións persoais" na que contar o que sexa menester.
O segundo supón abandoar á liña editorial do ano pasado de non contestar ós comentarios, para mellorar a interactividade e potencialo como ferramenta de diálogo e desparrame mental.
O terceiro implica apostar por incluir máis contidos orixinais para o Blog, ademáis de recoller, coma é marca da casa, todas as outras colaboracións en medios coas ligazóns correspondentes.
O cuarto é darlle unha lavada de cara para que se note que hai novidades e ganas de facer gasto.
A ver si sae.
Grazas a todos por estar aí e benvidos.
E logo da devoción, a oración: toca escribir o artigo do pais de mañá. Vai ir sobre o inicio do curso político en Galicia e o que se lles ven enriba a eses tres grandes homes: O Noso Alberto, O Noso Pachi e o Noso Paco (Rodríguez, of course).
Titulo provisional: "Vuelta a la Galiñaescola".
Toda axuda será benvida... pagada non, pero moi benvida.
Vale que la Coz nin sequera pregunte na súa sondaxe polo portavoz do BNG no congreso, pero que ti o ignores así,... home de 'dios'.
ResponderEliminarMais, o subconsciente é así de traidor. No nacionalismo galego, dende Beiras, non hai líderes máis que sombra. Eche o que hai.
Eu non o ignoro. So son realista. Grazas. Benvido
ResponderEliminarBenvido Antón. Por eiqui andaremos a fedellar de cando en vez pra colaborar no "desparrame mental". Un saúdo.
ResponderEliminarPintan ben os cambios presentes e futuros. Como diría Miguel Ángel Aguilar, "atentos".
ResponderEliminarbravo por el señor Losada, tanto voluntarismo, nuevas ideas y buenos propósitos tras las vacaciones que en casi 24 horas se han quedado en nada. Ahí tiene una ayuda de esas de gratis de las que pedía ayer: curso novo, blog novo e burra vella son una ecuación de la que resulta más de lo mismo. Le apuesto lo que quiera a que esta "libreta persoal" también acaba convertida en su "arquivo persoal" de los artículos que firma. Que vaya bien señor Losada
ResponderEliminarbueno home, perdoa... acetoche á aposta e grazas polo comentario.
ResponderEliminarmuller. Y está usted perdonado. El comentario se lo regalo, igual que este, y la apuesta queda ahí. Muy amable por responderme, un gran cambio si señor
ResponderEliminar