7/9/09

cousas do mundo

A portada de El Mundo de hoxe ofrécenos una interesante coincidencia: a toda páxina e con groso tipo titula: “El PSOE jalea puño en alto que Zapatero suba los impuestos”. Xusto enriba da fotografía que o ilustra, anuncia una promoción “Hoy gratis un billete de Reich y tres sellos de los aliados”….
Qué nos quere dicir? So é una casualidade? Ou é unha mensaxe en clave? Será un complot? ou unha viaxe no tempo? Ou unha regresión á infancia?

4 comentarios:

  1. O máis curioso foron as declaracións de hoxe de Rajoy, dicindo algo así como que ¡en que país vivimos onde os seus Ministros levantan o puño!,e: ¿que pasaría se outros extenderan o brazo?

    1- As Ministras estaban nun acto privado, de Partida. Non en calidade de militantes senón en calidade de militantes dunha "organización obreira".

    2-¿Está a suxerir Mariano que a organización que representa se identifica cos do brazo extendido?

    3-¿Pódese comparar o saluto romano e fascista co puño en alto, señal de loita de clases, reistencia popular e reivindicación pola liberdade e a igualdade?

    ResponderEliminar
  2. erratas evidentes: a)Partido en lugar de Partida.
    b)ministras en lugar de militantes na primeira vez, no punto 1.

    Perdon polos erros. Un saúdo Antón.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo8.9.09

    Si o que ten que dicir un xornal da tirada do mundo, ante un anuncio de suba de impostos, é que a camarilla de ZP levantou o puño apaga e vámonos. Onde está o instinto xornalístico de can de presa que fixo famoso a Pedro J? O presidente dí que vai subir os impostos (co que eso se presta a facer sangue nun goberno) e o que nos importa é a postura na que fixo o fatal anuncio? Pois menos mal que non estaba na casa con Sonsoles e o salto de cama ese que luce o director do xornal.
    Por certo, que a min o regalo este do billete e os selos paréceme un rollo con clase, nacionalsozialista pero con máis clase que as batidoras, os deshumidificadores e as revistas do corazón que ofrece a prensa galega. Que tome nota a voz e comece a regalar billetes coa cara de Franco e todo tipo de recordos da época

    ResponderEliminar
  4. Polo que se conta aqui, a foto está trucada:

    http://eduesfoto.blogspot.com/2009/09/manipulacion-en-el-mundo.html

    A alguén lle extraña que poida ser certo?

    ResponderEliminar