unha disidencia entre tanto aplauso como leva colleitada a ocorrencia de Esperanza Aguirre da Ley de autoridade do profesorado.....ler o disque no Galicia Hoxe
Que se tomen malas decisións non depende so da relevancia que tenha adquirido un acontecemento recollido e amplificado polos xornais. Se non, cando estas son adoptadas en situacións de calma mediática, digamos, serían sempre acertadas. O argumento que vostede defende recórdame a eses doctos en dereito e políticos de turno que sempre afirman, cando toca (caso Mariluz etc, etc), que non se pode lexislar a golpe deses casos concretos que de vez en cando conmocionan á opinión pública. Vamos, que se arrogan a capacidade de seren os únicos de entender o que é a xusticia, cando precisamente non poucas veces as leis (xusticia formal) son fonte de inxusticias. Xa non digamos nun sentido histórico. En Estados Unidos foron moitas as melloras introducidas no seu sistema xudicial gracias á loita de particulares, vostede seguro que o sabe e non preciso surtilo de exemplos.
En canto á educación dos xóvenes, tanto os pais coma o estado, tenhen responsabilidades que asumir. Obviamente todo comeza na casa, pero o problema é que os pais non son axentes obxectivos para impartir educación e a necesaria disciplina, pois perciben ós seus fillos como partes súas e acaban consentíndoos. Ese amor infinito que profesan os pais é un hándicap á hora de exercer esa función. E isto non o quitei de ningún manual de pedagoxía, senón que é froito da minha observación (eu mesma non son nai). Ademáis, os fillos non permanecen as 24 horas do día no fogar, e móvense en espacios públicos interaccionando con outras persoas que non tenhen nas súas casas. E hai que aprender a convivir, facerse cidadá, e é aí cando o estado ten que asumir o papel que lle corresponde. Hai moitos nenos que provenhen de familias disfuncionais, e ó mellor é no colexio o único lugar que lle pode proporcionar referentes educacionais.
respecto á primeira cuestión que plantexas, discrepo por completo ainda que eu non quixen dicir que decidir con calma garanta o acerto. o que si sei é que tomar decisións para contestar titulares sempre conduce á erros. respecto á segunda cuestión, creo que confude o que é o traballo dos servicios sociais co sistema de ensino público. os problemas de desestructuración non se amañan na escola porque nin é o sitio nin os mestres están para eso. Grazas polos comentarios.
En principio, creo que sei discernir entre servicios sociais e ensino público, así como as súas respectivas competencias. Por iso, entendo perfectamente que os primeiros non poden asumir estrictamente as tarefas dos segundos, a saber, transmitir educación no amplo senso da palabra, disciplina e valores. Isto polo menos é o que eu recordo da minha etapa tanto escolar coma do ensino non obligatorio (claro que tamén había mestres que fumaban en clase). Os servicios socias son de carácter subsidiario (ou ben na súa maior parte), non? Entran en acción cando outras institucións, incluso a familiar, fracasan ou ben se ven desbordadas. Evidentemente, paseime un pelín co meu exemplo. Non fai falla pertencer ó seo dunha familia con problemas para ter unha educación máis que deficitaria. Sigo pensado que a sociedade ten que contar cunha especie de sistema de "checks and balances" no tema educativo. A acaparación de demasiado poder por calqueira instancia é perxudicial para todos. Ademáis, déixeme dicirlle que moitas veces os mestres, os bos mestres, si que tamén están para detectar outros problemas que van máis alá da mera transmisión de conhecementos, que según vostede debe ser a súa única (dos mestres) razón de ser.
Que se tomen malas decisións non depende so da relevancia que tenha adquirido un acontecemento recollido e amplificado polos xornais. Se non, cando estas son adoptadas en situacións de calma mediática, digamos, serían sempre acertadas. O argumento que vostede defende recórdame a eses doctos en dereito e políticos de turno que sempre afirman, cando toca (caso Mariluz etc, etc), que non se pode lexislar a golpe deses casos concretos que de vez en cando conmocionan á opinión pública. Vamos, que se arrogan a capacidade de seren os únicos de entender o que é a xusticia, cando precisamente non poucas veces as leis (xusticia formal) son fonte de inxusticias. Xa non digamos nun sentido histórico. En Estados Unidos foron moitas as melloras introducidas no seu sistema xudicial gracias á loita de particulares, vostede seguro que o sabe e non preciso surtilo de exemplos.
ResponderEliminarEn canto á educación dos xóvenes, tanto os pais coma o estado, tenhen responsabilidades que asumir. Obviamente todo comeza na casa, pero o problema é que os pais non son axentes obxectivos para impartir educación e a necesaria disciplina, pois perciben ós seus fillos como partes súas e acaban consentíndoos. Ese amor infinito que profesan os pais é un hándicap á hora de exercer esa función. E isto non o quitei de ningún manual de pedagoxía, senón que é froito da minha observación (eu mesma non son nai). Ademáis, os fillos non permanecen as 24 horas do día no fogar, e móvense en espacios públicos interaccionando con outras persoas que non tenhen nas súas casas. E hai que aprender a convivir, facerse cidadá, e é aí cando o estado ten que asumir o papel que lle corresponde. Hai moitos nenos que provenhen de familias disfuncionais, e ó mellor é no colexio o único lugar que lle pode proporcionar referentes educacionais.
Saúdos.
respecto á primeira cuestión que plantexas, discrepo por completo ainda que eu non quixen dicir que decidir con calma garanta o acerto. o que si sei é que tomar decisións para contestar titulares sempre conduce á erros.
ResponderEliminarrespecto á segunda cuestión, creo que confude o que é o traballo dos servicios sociais co sistema de ensino público. os problemas de desestructuración non se amañan na escola porque nin é o sitio nin os mestres están para eso. Grazas polos comentarios.
En principio, creo que sei discernir entre servicios sociais e ensino público, así como as súas respectivas competencias. Por iso, entendo perfectamente que os primeiros non poden asumir estrictamente as tarefas dos segundos, a saber, transmitir educación no amplo senso da palabra, disciplina e valores. Isto polo menos é o que eu recordo da minha etapa tanto escolar coma do ensino non obligatorio (claro que tamén había mestres que fumaban en clase). Os servicios socias son de carácter subsidiario (ou ben na súa maior parte), non? Entran en acción cando outras institucións, incluso a familiar, fracasan ou ben se ven desbordadas. Evidentemente, paseime un pelín co meu exemplo. Non fai falla pertencer ó seo dunha familia con problemas para ter unha educación máis que deficitaria. Sigo pensado que a sociedade ten que contar cunha especie de sistema de "checks and balances" no tema educativo. A acaparación de demasiado poder por calqueira instancia é perxudicial para todos. Ademáis, déixeme dicirlle que moitas veces os mestres, os bos mestres, si que tamén están para detectar outros problemas que van máis alá da mera transmisión de conhecementos, que según vostede debe ser a súa única (dos mestres) razón de ser.
ResponderEliminar