Unha protesta contida polas moitas crónicas incontinentes sobre o crime de Toén lidas e emitidas, especialmente nas televisións. Nunca entenderei ben o interese informativo de cambiar dor e sufirmento por titulares e cortes truculentos.....
leer o disque no Galicia Hoxe
Está moi ben protestar, pero debe facer falla algo máis cando hoxe mesmo podemos ler esto no diario Público "Laura se veía en secreto con su agresor"
ResponderEliminarNa información, unha xornalista que debe estar usando a ética e o manual de estilo da súa profesión para calzar algunha silla na casa, relata con todo luxo de detalles o encontro sexual entre a víctima e o agresor, usando como si dunha fonte de total solvencia se tratara, ao mesmo animal que matou á súa moza, agachou o cadáver e desparramou as probas tentando quedar impune.
O asesino ten que pagar polo que fixo, pero as contas coa familia da rapaza non quedarán saldadas aí. Seguramente non estarán para leas, pero o que sería de xustiza é que denunciasen a todos e cada un dos medios que fixeron da súa dor un espectáculo e que, lonxe de sentir a estas alturas vergoña, seguen ferindo a esta familia lixando o nome da súa filla, sendo altavoces das noxentas explicacións dun asasino cobarde que ainda por riba está rematando a faena dende a cadea e gratis.
http://www.publico.es/espana/248361/laura/relacionaba/secreto/agresor
Por certo, o terrible de todo esto é que semella que esteamos a dar pasos atrás no pouco que as mulleres tiñamos acadado para rematar cos comportamentos machistas de "algo faría ela".
ResponderEliminarEu négome a defenderme, a min ou a calquera muller, de actuar con normalidade nas miñas relacións sociais e persoais, e nada do que diga ou faga lle da dereito a ningún home, coñecido ou descoñecido, a acosarme, perseguirme, maltratarme ou matarme.
Parece que hay persoas e medios de comunicación que non ven esto tan claro.
Sinto o chaparrón pero estou moi cabreada. Grazas
Ben falado si señor
ResponderEliminarMoitas grazas, pero me nego a conformarme con que só podamos limitarnos a falar, lamentar, condear os sucesos e protestar para que non volva ocurrir, porque a realidade está a demostrar que o método é, como mínimo, pouco efectivo.
ResponderEliminarSi un pirao destes decide mañá mesmo que me toca a min nada deso vai impedir que se saia coa súa, e aínda por riba teña o seu minuto de gloria nos periódicos e telexornais de todo o país.
Xa nin sequera da medo pensalo, a min só me pon de mala hostia pensar que vai gañar él