15/9/09

Había debate?

Qué simpático resulta ver a socialistas coma Mendez Romeu reivindicar a programación da TVG de Suso Iglesias e programas como Hai Debate como faros de liberdade e pluralismo na longa noite da comunicación en Galicia…..... Non deixaron aparecer pola pantalla os muñegotes de Quintana, Feijóo e Touriño, boicotearon o programa canto puideron e canto lles deixaron, o mesmo Touriño nunca aceptou o convite para ir, fartáronse de dicir que estaba manipulado polo BNG –e por un servidor, perdón pola inmodestia pero para una vez que falan mal de min….-, o ben mandado Benigno Sánchez manobrou canto puido para desprestixiar o programa e eliminalo da oferta da canle pública e Roberto Cid negoulle sempre o seu carácter informativo….... en fin, nunca é tarde se aprenderon algo de todo isto.

6 comentarios:

  1. Anónimo15.9.09

    igual que aprendeu o BNG a voalorar a gratuidade dos libros de texto

    lástima de Vázquez(s)

    ResponderEliminar
  2. antón losada15.9.09

    non entendo moi ben o comentario e me gustaría ter algunha aclaración porque non acabo de ver a similitude entre ambos casos.... ou é que o BNG manobrou para impedir a gratuidade dos libros de texto? Porque se o fixo, creo que ninguén ten dereito a gardarse unha información tan valiosa

    ResponderEliminar
  3. Non se esta visto que vostede debe ser tremendamente perigoso cando a menor oportunidade o responsabilizan do que toque. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Era un gran programa,deben ser amigos seus quenes din que voce estaba detrás.As suas taças lle custaria tal ruxe ruxe.Un saudo

    ResponderEliminar
  5. Anónimo20.9.09

    O que queremos saber señor Losada é si a vostede o chamaron para participar nalgún dos novos programas cos que a TVG está acompasando o seu ritmo ao goberno do señor Feijóo. E sobre todo, si é vostede o responsable de que na TVG2 os Teletubbies que antes falaban galego agora resulta que falan inglés con subtítulos en galego (para nenos de 0 a 3 anos)

    ResponderEliminar
  6. no dos teletubbies esos non teño que ver. No outro si podod dicirlle que vou participar este luns no primeiro programa do Foro Aberto da TVG,presentado por Carlos Luis Rodríguez e dirixido por Tino Santiago

    ResponderEliminar