25/9/09
Malestar na Voz de Galicia pola incorporación de Quintana a unha tertulia de políticos da COPE
Así deberá titularse a seudonoticia que publica hoxe o xornal de Santiago Rey, quen segue na súa campaña de axustes de contas persoais. Nunha crónica que deberá firmar Belén Esteban polo rigor dos seus contidos e a profesionalidade da súa concepción, coma é marca da casa sen dar un so nome, alude ó suposto malestar que hai no Bloque, especialmente na UPG, porque Quintana participa –por certo sen cobrar un peso- nunha tertulia de políticos da COPE, que polo visto é una emisora maldita para o nacionalismo. A incorporación proba, segundo a Voz, que Quintana non quere irse da política aínda que dimitiu.
Da letura da “información” desprendese que Santiago Rey pensa que todo o mundo se rexe polo mesmo sectarismo ca il e que, coma il, todo o mundo se dedica a andar poñendo vetos z que non pensa coma il. Non me costa que no BNG se poñan vetos e moito menos a UPG. Non é o estilo do nacionalismo.
Tamén se constata o monumental cabreo do editor coruñés ao comprobar que o editor que supostamente tumba gobernos non pode acabar cun indefenso exVicepresidente e que non vai parar ate remátalo. Triste papel o dos redactores que firman as seudonoticias coas que quen lles paga pretende matar políticamente a Quintana.
ler a noticia na Voz de Galicia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
É curioso como ao diario do "mellor galeguismo" espantalle a idea de calquer galeguismo de centro.Trabucase F.Bouza ao denominarlle de "derechas", pois ben progre é cando lle convén.O que é é moi españolista.Mira, consello de amigo, tanto ti coma o Quin sodes máis progres co maio francés, ou sexa olvidade calquera apoio do centro-dereita.Defender as ideas de esquerda non comunista é o que sabedes facer,e por ahí aínda tedes camiño.Un saudo
ResponderEliminarNon cobra, non,... só busca amosar a cara amable do nacionalismo. XD XD XD
ResponderEliminarO que hai que ler!
home Xosse, debes de ter mellor información ca min e deberas de compartila con todos se sabes que cobra porque eu podo asegurarche que non. E se non tes esa mellor información, entón, qué queres que che diga?
ResponderEliminarEu, a verdade, era crítico con Quintana, pero cos inimigos que ten, cada vez me cae mellor.
ResponderEliminarQuintana segue a ser un grao no cu dos demonizadores do galeguismo.
ResponderEliminarPor outra banda, a obsessom da Coz coa U é digna de estudo.
Eu non dispoño de información que confirme unha cousa nin que desminta a outra. Sinxelamente non me creo que ese home faga algo por 'amor a patria' porque si así fose, pra comezar, non estaría no Parlamento Galego, tería dimitido o mesmo 1 de marzo, el e tódolos que foron Conselleiros na etapa anterior, para non deixar ó nanionalismo atado de pes e mans, como o ten, por medo de que o Sr. Feijóo tire da manta. Si fose un home tan altruista tampouco aceptaría estar na mesa do parlamento para poder dispor dun coche oficial, menos cando polos votos acadados, non lle correspondía. Hai que saber estar e, para facelo, non estar onde a un non lle corresponde, é unha regra que nunca se debe saltar.
ResponderEliminarDemostrar que cobra,... por favor Antón, nesta vida, e no mundo da política máis, hai moitas formas de cobrar... Como se paga a maioría dos actos dos partidos políticos? Quen os paga? Que cor ten eses cartos? Quéresenos vender que so o PP mañexa diñeiro negro e iso non é así. Aquí algúns organizan ceas e so pagan o DEZ POR CEN en branco e o resto en negro (e non me reiro ó PP). De onde saen todos eses cartos en negro? De facerlle favorciños a novos amigos?
En fin,... vendo todo o que vin no mundo da política (e ti que estiveches moito máis adentro ca min -eu non pasei de ser un simple militante que traballou para que ti e moitos coma ti tivesen un bo cargo para cagala ben cagada- seguro que viches moito máis) atrévomo a dicir que en termo xerais todos son iguais, mágoa que moitos, precisamente pola súa honestidade, nunca cheguen a ocupar postos de responsabilidade.
Ou seña que acusación agora é que cobra en negro? E que como mezclas todo xa non sei de que é culpable. Ou son eu o que cobraba en negro, porque tampouco me queda claro se e tramos todos no lote. O unico que me queda claro é que para honrado e honesto ti mesmo te pos de exemplo. Felicidades
ResponderEliminarPenso que a posición que amosa de seguido xOsse, nista ocasión e en case todos os foros nos que participa é calquer cousa menos constructiva...
ResponderEliminarAntón, coido que é unha perda de tempo tentar rebatilo, é mais productivo esperar que decátese por si mesmo do trabucado que está...
Sobre o tema, eu estou mais na liña do Anónimo, sin ser un "quintanista", cantos mais ataques recibe, e no senso en que o fai a Coz, mais me convenzo de que Quintana vai no bo camiño...
Iso si, penso que o de demitir dempois das eleccións foi un erro, debería seguir liderando o BNG e o grupo parlamentar, e explicar o por que é un pouco complicado, pero penso que o primeiro deber coa patria é resistir, diante de todo e sobre todo non rendirse nunca, pero iso si, resistir con intelixencia, porque quen resiste, gaña!!!...
Vaia teima tendes con La Voz de Galicia. Por iso fai uns anos o BNGa quería facer un periódico á súa imaxe e semellanza e para elo non dubidou en pedirnos a cada militante 10.000 ptas.?
ResponderEliminarAsí no lo espetaron na nosa asemblea local pero faltou ese grupo que nos apoiase.
Por outra parte, somos moitos e moitas os que pensamos coma xOsse e falamos ben claro nas urnas en marzo. Agora se queredes pechalos ollos coma no Morrazo ala vos.
Máis que nunca o BNGa é unha casa con demasiadas "madans". Veremos como acaba.
Pedro Bravo disse...
ResponderEliminarLVG é um jornal anti-galego, de ai a sua permanente e insidiosa beligerância contra o nacionalismo. Quando estava Beiras, era mais amável com Quintana porque isso supunha amolar ao Beiras. Quando estava Quintana, era mais amável com Beiras porque isso supunha amolar ao Quintana. Mas isto o deve saber qualquer um que saiba ler e tenha memória. Assim que está bem denunciar as insídias de LVG, mas sem surpreender-se. O que realmente surpreende é ver a nacionalistas despeitados acudir a esse jornal, que sabem nunca respeitou o seu labor, para atacar aos seus companheiros. Em fim, acho que nenhum galego de bem pode colaborar com esse jornal, arauto [heraldo] da imposição do castelão na Galiza.
Perdemos moito tempo falando do Santiago Rey. O que hai que facer é non mercar o seu xornal e mesmo devolvelo cando nolo traen os nenos do colexio. Que Quintana participe nunha tertulia non ten porque ser malo. Ainda que sexa na COPE. Outra cousa é o papel que lle toca xogar a Anxo Quintana no xcenario actual do nacionalismo galego. E penso que ai non andivo fino. Se estaba convencido do que fixo na Xunta deberia seguir en primeira fila liderando o proxecto. Cantos exitosas empresas de todo tipo non comezan cun tropezo? E se non acreditaba xa no proxeto ou carecía dos apoios suficientes debeu retirarase do plano institucional. A peor das opcións é a que finalmente tomou. Quédome na mesa do Parlamento e con el todos os que formaron parte do goberno. Asi, e sinto darlle a razón ao xOsse, pouco temos que facer.
ResponderEliminarO artigo está moi ben, o único problema é que parece unha opinión enlatada, un eco. Contra La Voz de Galicia levantáronse certas opinións deste país cando non saía gratis facelo e mentres o seu partido, apreciado Sr. Losada, e Quintana en concreto, cantaban as excelencias de Santiago Rey.
ResponderEliminarEsas opinións rebeldes a La Voz, fáciles de seguir nun buscador da rede, tiveron como premio continuar na marxinalidade, sen poder escribir nin en ANT nin no Xornal de Galicia, etc. E mentres, Quintana na COPE.
Cada un que faga a súa lectura. A nosa é que intentades o de sempre, o imposible: gañar a hexemonía furando na bolsa de votos do PP. Santiago Rey é un inimigo de conveniencia, volveríades mañá ao seu colo se vos dá un mísero espazo.
Para buscar os votos do PP hai que finxirse, dalgunha maneira, constitucionalista e autonomista. A escasa dificultade dalgúns de vós para conseguir ese efecto é o que outros chaman dereitización.
Asumide dunha vez o que sodes traballade por un partido "de centro" galeguista, sen chupar anotoriedade dos votos que non vos pertencen.
Moitas grazas por abrir esta ventá para a participación.
Eu estou polo Boicoz. Temos que dicirlle á xente que non compre ese inmundo xornal. Xa está ben de aturar mintiras e manipulacións.
ResponderEliminarNunca fun Quintanista pero penso que ese home ben se merece un respeto.
e pra rematar: CANGAS VENCERÁ! S.O.S Massó!!!
BNG = CAIXANOVA = CAIXAJALISIA = TRAIDORES
Digo que en todos os partidos políticos, especialmente os que acadan representación nas institucións públicas, corre o diñeiro negro tanto como o viño e case tanto coma a auga. Digo así e quédome tan ancho. Se alguén lle ocasiona algún dano o meu comentario xa saben onde quedan os tribunais.
ResponderEliminarComo cobre Quintana tanto me ten. Dáme igual que lle paguen en branco ou en negro, que teña ou non electricistas, fontaneiros albaneis,... etc. gratis ou os pague, que compre os seus traxes ou os colla prestado. Tanto me ten como cobre el e tantos moitos outros políticos. Algúns, e non sinalo a ninguén pois sería inxusto deixar a moitos deles fora, rematan casas novas e renovan vellas sen gastar un can. Así funciona o caciquismo, favor por favor, así funciona o BNG que quere o quintanismo.
Moito medraron algúns nestes derradeiros anos, moito máis do que percibiron en salarios. Non o dubide Antón, nin somos parvos, nin cegos.
Grazas polos parabéns! Non podo devolverllos.
Para o da cegueira haiche moi bos medicos no pais digocho por experiencia. Para o de ser parvo non se me ocurre nada. Sintoo.
ResponderEliminarSentirao por vostede mesmo. Non sei. Eu son dos que cren que parvos non quedan. Só se aproximan aqueles que pensan o contrario.
ResponderEliminarDígame vostede, que parece estar tan ben informado sobre todo, coñece algunha empresa da miña comarca, Allariz, que recibise axudas de vicepresdencia para prestar servizos sociais sen que se teña coñecemento de prestar tales servizos (e ningún outro)? Que non so de 'carrumeiros' vive o benega. Algúns estamos desexando que Feijóo tire da manta dunha vez. Hai moita merda que botar fora.
A dubida ofende. Claro que o sinto por min que viatedr bem se ve que é home moi listo.
ResponderEliminarNon coñezo mingun caso de empresa que fixera tal en Allariz. Pero vostede seguro que si. Sorprende que non teña dado o nome pero seguro que nolo vai dar agora para que se saiba e seguro que xa o denunciou na xustiza porque nótase que é home serio e non dos que difaman e calumnian e logo non saben/non recordan
no de Feijoo tampouco lle podo axudar. Pero non desespere aeguro que non defraudara as suas ganas de merda e rexeneración democrática. Saudos
Interesante liorta entre antón e xosé,inevitabel entre esquerdistas adoradores do gato público e a expansión ilimitada do estado.O que xenera a corrupción e o estado ou sexa reducindo iste reducese a corrupción e os da Limia serán máis prosperos e felices.anónimio dixo "Para buscar os votos do PP hai que finxirse, dalgunha maneira, constitucionalista e autonomista" non me fodas amigo, pois máis constitucionalista co A.Losada e o Quin é difícil.Para coller votos do pp-soe, tense que apostar por un proxecto moderno e avanzado, que non teña prexuízos e defender a liberdade e os aténticos valores tradicionais galegos,tan afastados dos "corazóns de ferro" madrileños, que gostan moito da burocrácia e o apisonamento da liberdade.
ResponderEliminarSigan vostedes tirándose merda? uns aos outros, e lograrán que o barco afunda. Non son nacionalista pero dá pena discutindo polo que non foron capaces de defender.
ResponderEliminarHoxe os galegos, todos,temos a esta panda de inútiles, grazas aos que van de super-puros e tanta pureza botounos fóra sen ser quen de darlle un rumbo distinto a este país.
Semella que o que nos gusta é seguir lamentándonos do mal que o fai a dereita e non somos capaces de botar a andar cando temos posibilidades reais de facer algo diferente.
Dáme a impresión que do marxismo algúns que se lles enche a boca coas súas proclamas de esquerdas, coñecen as películas ... e xa saben de quen.
Non é nada novo que o señor Santi Rey tente destrozar a todos os niveis aos representantes do bloque, xogando cuns e outros. Podemos lembrar o que pasou en Vigo con Perez Castrillo?. Xa non é que se critique o traballo da xente, senon que se fai arrastrar ante o público como se dun teatro romano se tratase.
ResponderEliminarSe os dirixentes e os militantes do bloque, se defenderan e fixeran piña ante esta situación, adoptando estratexias de actuación, e tendo claro que con determinados persoaxes non se xoga, por que un se queima, outro galo cantaria
Sr. Losada... aplíquese o conto. Acusar a alguén de difamar ou calumniar, en canto que isto é delicto, non deixa de ser unha calumnia. Curioso, non. E que a miudo se fai.
ResponderEliminarComo di o vello refrán: o que calumnia a un calumniador ten cen anos de perdón... ou algo así.
Iso si, si o que quere é saber a resposta está no segundo dos meus comentarios. Xa dubido de si será certo que non o entendeu ou é que non o leu.
Xosé, leo de vez en cando o teu blog, e concordo en moitas das cousas que aquí dis.
ResponderEliminarAgora ben, tamén me admitirás que non podes esperar que nun foro público ninguén che dea a razón. Chámame cínico, pero non vexo que é o que buscas insistindo unha e outra vez...
E non me entendas mal, identifícome bastante coa túa postura. Non es o único ao que defraudaron, pero creo que corres o risco de parecer un resentido. Amigo, mantén as túas opinións pero esquece a política e vólcate nas cousas que valen a pena... Falar de política ten sentido se vives dela; en caso contrario é perder o tempo e as forzas.
Na vida hai que correr riscos (espero que non lean isto os meus alumnos que hai uns intres me escoitaban falar de prevención)... e no de parecer un resentido non vexo ningún (sono). Motivos para insistir hai de sobra, e fareino unha e outra vez, un e outro día, mentres os mesmos ineptos continuen onde non deben.
ResponderEliminarDa política non agardo nada. Fun militante do BNG (agora non) e como tal non dubidei en criticar ó vicepresidente, o conselleiro de MR ou ó delegado de Industria de Ourense. Iso non o fai quen espera un carguiño. Non calei antes menos o vou facer agora que non son ninguén. Eses outros, na súa maioría xente mediocre, calan, asinten e, en moitos casos, aplauden.
Eu non nacín para estar calado e moito menos para vivir da política -sempre mo dixo meu avó: "todos os políticos son iguais e ti non eres coma eles". Seino-, mais, como cidadán son político (homo polis) e xamais renunciarei a deixar a miña opinión que, pode que non serva para convencer a ninguén pero si para reforzar o pensamento de outros que,dende o silencio, pensan coma min. Outros que pensan, que votan e deciden.
Joder xosse voi chorar coa emoción. Eres un heroe: honrado, valiente, desinteresado. Que historia mais triste a túa. Tanto merito e tan pouco recoñecemento. Tantaa virtudes e tanto sufrimento nestr
ResponderEliminarmundo de corruptos e trepas. Menoa mal que noa queda Dorrio
XD XD XD
ResponderEliminarEra un chiste, non?
XXL. XXL XXL
ResponderEliminaros teus comentarios tamen, non?
xa quixera vostede!
ResponderEliminarPerdoade todos, leido o artigo varias veces, eu queria matizar varias cuestions: a crónica da conta de dous feitos verdadeiros; un, que Quintana ficha pola Cope, e dous, que hai malestar no BNG. Dende ese punto de vista, o texto é indiscutibel....
ResponderEliminarPor certo, non vos metades tanto coa Voz que O Faro de Vigo publica un texto sobre o da Cope que titula: Quintana pontifica en la Cope...Non vexo porque so falades da Voz
ResponderEliminar