19/9/09

mil imaxes, misteriosas mensaxes nas placas oficiais.......

qué oculta este misterioso rotulo oficial? por qué non aclara qué instalacións foron financiadas exatamente? por qué nos ocultan esa información? qué levou a contrata? por qué esas instalacións e non outras? qué queren que non saibamos e por qué? quén foi o funcionario que deseñou a placa? oculta algunha mensaxe en clave? é unha mensaxe secreta nalgunha conspiración na sombra a que chaman "cofinanciamento"? quén mais cofinanciou e cánto cofinanciou? por qué pón "determinadas" e non "certas", "algunhas" ou "unhas cuantas"? demasiadas preguntas e moi poucas respostas, amigos e amigas.

2 comentarios:

  1. Bueno, Antón... penso que estás a ser demasiado suspicaz. Éche simplemente un rótulo á galega: "pode que isto esté financiado pola UE, pode que non".

    ResponderEliminar
  2. Anónimo20.9.09

    Moito me temo que aínda non chegaran os fondos a UE cando puxeron a placa, e como a administración de turno non estaba segura de cobrar tirou de retranca galega para facer unha modalidade de placa pouco coñecida aínda "a placa reivindicativa". O mundo do metacrilato ten tantas posiblidades.....

    ResponderEliminar