1/9/09

Volta á galiñaescola, 1/9/09 artigo no El Pais

o que vai pasar neste curso político que tamén empeza en Galicia. Van quedar todos contentos e por avisar que non quede...leer o artigo no ELPAÍS.com

4 comentarios:

  1. Na Arousa1.9.09

    "Contos velhos rumos novos". Non sei Antón, seguramente ti coñeces mellor o alcantarillado ca min, mais no tocante ao nacionalismo, mellor dito ao BNG asumes unha e outra vez o discurso endóxeno. O portavoz do bng foi diputado en madrid dúas lexislaturas, ten unha traxectoria política intachable, e foi elexido democraticamente. Outros son designados a dedo ou no mellor dos casos refrendados a posteriori por un comité de sábios, nunca pola militancia. Cando se presume de demócrata non respectar certas conductas é pecado. Por outra banda, no vello blog, xa intentara explicar unha vez, seguramente mal, que na derrota algo terían que ver a decisión do presidente de non adiantar as elecciós e a estratexia das dúas forzas da oposición ne propia campaña. Deso non dis nada. Deus me garde dos meus amigos. Ah, esqueciame, benvido. A modo de resumo, estos días Anguita dixo algunha cousa. Que non che pase o mesmo.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo1.9.09

    Parece ben o que dis Antón. No mes de Agosto pasaron moitas cousas e botouseche de menos.

    Respecto ó anterior comentario só quero dicir que non me parece que a derrota do BNG teña nada que ver con que o anterior presidente adiantara ou non as elecións, nos problemas meteronse eles solos e creo que mellor lles iría analizando o ocurrido e cambiando algunhas cousas... ainda que os seus antigos socios de goberno non o fagan tampouco.

    ResponderEliminar
  3. Antón Losada2.9.09

    Tes moita razón no que dis Na Aroura sobre o show do adianto electoral. Ai comezou o deterioro da imaxe do bipartito. Respecto do Bng digo o que dixen sempre sobre o nacionalismo e tentei mesmo levar adiante co escaso éxito coñecido. Todo o respecto para o actual voceiro pero eso non é incompatible
    coa crítica polo cinismo de dicir agora que mandan eles que os resultados electorais non importam logo de botarllos á cabeza a Beiras e Quintana e e o recoñecemento de quen lidera á UPG.
    A iago dicirlle que sigo sen entender pq no BNG a ninguén semella preocuparlle clarificar porque o 70% dos votos se perderom na Coruna
    grazas polos comentarios.

    ResponderEliminar
  4. Na Arousa2.9.09

    Quintana dimiteu el, porque quixo, e ademais, según a miña opinión, fixo moi mal. Seguramente non foi ben asesorado. Beiras cando se presenta solemnemente ás eleccións, coa bandeira institucional detrás, el mesmo di que será a última vez que se presenta como candidato. Así que a cada quen o seu. A falta de credibilidade dun goberno psoe bng ven de lonxe, dende que se xuntaron nos concellos. Declaracións de alcaldes de grandes cidades, ou as do finado touriño na campaña cando di que non ten claro si apoiar ó bng no caso de ser este a segunda forza e o pp non ter maioría. A todo esto temos que engadir que os escenarios teóricos que presentaron os estrategas de campaña do psoe e bng foron absolutamente errados. Fallos de intendencia tamén os houbo. Ainda así perdeuse por pouco, e máis, o bipartito sacou máis votos que o pp. E para rematar, decídese ir por ciencias ou letras cando chega o momento, e decídeo cada quen. Eu non puden obrigar ó meu amigo de toda a vida a que fose mestre nin el a min a que fose médico. Seguimos sendo moi amigos.

    ResponderEliminar