10/9/09

volta á escola

Acabo de deixar á miña filla Mariña no colexio. Hoxe empeza terceiro e ia a muller encantada de poder volver ver a todos os compañeiros de clase e contarlles cómo pasou o verán aló na Mariña de Lugo, na praia de Esteiro, en Xove. Despois fun o despacho e tentei ler a prensa mentres tomaba un café antes de seguir retomando a actividade académica preparando as clases do primeiro semestre. Vendo os titulares estou certo de que Zapatero daría algo por cambiarse por mariña hoxe e poder volver a esa arcadia colexial onde aínda se poden resolver todos os problemas coa táboa de multiplicar. E eu daría moito máis que algo….. Xa postos e mirando a prensa de Madrid, pode que os políticos que non estea claro para quén falan os líderes e que semelle que so se ocupan das cousas que lles importan a eles, pero a prensa vaiche polo mesmo camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario