Nun evidente fallo de sincronización, Compostela amence envolta de 
neve para regalo dúas semanas despois do fun, fun, fun, que era cando 
lle tocaba. Á natureza fállalle ás veces sentido do espectáculo. 
Isto con Bing Crosby non pasaba.
Noutro fallo evidente, pero da intelixencia, esa boa peza que é o 
fiscal xeral do estado, súmase as teses do xuiz que condenou ós meus 
amigos e companeiros da Ser, Daniel Anido e Rodolfo Irago, por rebelar 
o espeluznante segredo da lista de militantes do Pp que se afiliaran 
fraudulentamente, segundo denunciaba o propio Pp. O dereito ó segredo 
vale mais que o dereito á información para Conde Pumpido, sempre 
fidel a súa liña de nin unha mala palabra, nin unha boa acción. Mal 
dia para a liberdade de prensa e mal día para a xustiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario