12/1/10
Caderno de bitácora. Data estelar 2010. 1. 12.
Onte, mentres falábamos do Galego no programa Foro Aberto da TVG, dinme de conta como poucas veces de canto temos retrocedido nestes poucos meses na cuestión do idioma, de cómo se teñen convertido en lugares de paso común, afirmacións tan peculiares como que as matemáticas non se poden aprender en galego, que o castelán foi un idioma castigado historicamente ou que é necesario “reequilibrar” una situación de “desequilibrio” a favor do galego. Imos perdendo e ademais por goleada, que ainda é o peor
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Retrocedemos a paso de xigante. Si esto de montar FAES e parvadas destas para darse palmadiñas na espalda e facerse fotos, tamén vai servir para algo....Parecía superada a época na que se consideraba que hai linguas útiles para esparcilo coñecemento, e outras nacen para tirar do arado, comelos chorizos detrás da lareira e pouco mais...Gañan, gañan...Gañan porque consiguen situar o discurso e o interese polos temas dentro dos seus marcos conceptuais: "imposición"&"liberdade", "bipartito" (como algo negativo, de división, etc...), incluso chegan a trasladala idea de que "estado das autonomías" equivale a ruptura, insolidaridade, etc...
ResponderEliminarGañan porque os demais somos parvos, sinxelamente.
Gañan porque estamos moi sós. Cando se xoga un contra cen, case seguro que perdes. O galeguismo (e o mesmo en catalunya i euskadi) precisa de moita pedagoxía en madrid e boas relacións alá, ou estamos listos. As últimas enquisas en El Pais e Público (xornais con lectores moi de dereitas e moi fachas, como sabemos) en Nadal sobre a Constitución, gañaba abrumadoramente as opcións de limitar competencias de autonomías, garantir ós pais casteláns nas nacionalidades con lingua propia que poidan vivir aqui en castelán, etc etc. Vivimos unha deriva nacionalista española moi preocupante porque non só existe entre os votantes de PP e upeideiros, senón tamén no psoe. Cando Zapatero (responsable do achegamento do PSOE a posturas pro-nacionalistas catalanas etc) caia, e veña outro, virá un "Bono", i entón comprobaremos que estamos soliños de todo.
ResponderEliminarSó nos quedará Portugal... e alí máis de un non sabe nin que falamos galego...
Como non vamos retroceder? o psoe recoñecía que houbera imposición e agora di que non pasa por menos do cincuenta por cento. Marea viva e descabezante... ponte nun abrigo non vaia ser que nos leve a xurrada. Non é nada novo, a realidade social do galego non mudou de onte para hoxe, ese é un erro, outro máis, do noso prezado estratega Antón.
ResponderEliminarBono, zp, felipe... que máis dá?, Aznar falou catalán na intimidade e calquera outro que veña fará o mesmo cando lle teña conta, mentres non entendamos iso estamos aviados. Ou a que pensades que xogaba o psoe, a ser a maioría minoritaria e deixarnos fóra.
ResponderEliminar- “Foro aberto” (debate): 6.5% y 49.000
ResponderEliminar"ni el tato",como se di en harmonioso consenso dialetal.
Ay qué ver cómo eres con lo de las audiencias, Ana Rosa.....
ResponderEliminarAntón, cando a señora esta que estaba ao teu lado, falando coma dalgo evidente dicía que o das matemásticas e o "tres ao caldeiro" non podía ser entraronme gañas de estarche dicindo algo por un pinganillo. Resulta que iso do tres ao caldeiro non é máis ca unha lenda urbana moi espallada con ánimo de denigrar a nosa lingua. Houbo unha nova no ANT na que falaban precisamente deste tema e de como algúns dos que a espallaron recoñeceron que era unha trola. Aí che queda: http://www.anosaterra.org/nova/galiciabilinguumle-admite-que-o-do-3-ao-caldeiro-e-unha-lenda-urbana.html Unha aperta (Garrano)
ResponderEliminar