19/1/10

Caderno de bitácora. Data estelar 2010. 1. 19

Leva chovendo sen parar dende onte pola tarde. Choveu toda a noite o
que lle petou, que é algo moi Compostelano cando a choiva se pon asi
de insistente, Fai que botes de menos a neve da semana pasada, incluso
o sol se bota a faltar.
O mellor retrato deste clima atlántico, tan terapeutico para quén
estamos bendecidos cunha boa hernia discal, fixóo don Manuel Azaña. O
ano que estivo destinado na Coruña de funcionario do estado, acabou
unha carta a un amigo escribindo "y llueve, llueve, llueve, llueve,
llueve, llueve, llueve, llueve, llueve, llueve......y también llueve"

No hay comentarios:

Publicar un comentario